2.988 lucenses de 64 concellos beneficiaranse das axudas provinciais para a prestación do Servizo de Axuda no Fogar

Cun incremento do 20% con respecto á partida do ano pasado, a Deputación de Lugo aprobou en Xunta de Goberno a concesión das axudas económicas aos concellos para a prestación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) básico. A partida total, de 600.000 euros, beneficiará a un total de 2.988 lucenses de 64 concellos, ao permitir, según explicou o Vicepresidente provincial, Antonio Veiga, “que os concellos poidan seguir prestando o Servizo de Axuda no Fogar básico despois de que a Xunta de Galiza aprobara o decreto de servizos sociais e comunitarios polo que se deixa de financiar dito servizo nos municipios con menos de 20.000 habitantes”.

Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación. GPDL

“APOSTA POLOS DEREITOS DA POBOACIÓN DO RURAL GALEGO”

Veiga suliñou que “estas inversións mostran con claridade quen aposta polas políticas sociais, e vela por garantir os dereitos da poboación do medio rural galego”, en clara referencia á actitude do Goberno autonómico “que está a aportar cero euros para este concepto, mentres que a Deputación de Lugo aporta 600.000 euros, moito máis dos 454.000 euros que o executivo autonómico establecía no plan concertado de 2011”.

CONSECUENCIAS DO DECRETO APROBADO POLA XUNTA DE GALICIA

O vicepresidente do ente provincial insistiu en que “este ano, todos os concellos que solicitaron esta axuda, 20 máis que en 2011, reciben máis recursos económicos que o ano anterior, e os únicos que non perciben subvención son os que non a solicitaron”. Antonio Veiga destacou o feito de que “manter o financiamento do SAF básico só desde esta institución é imposible, polo que seguimos reclamando á Xunta de Galiza que habilite liñas de axuda para os municipios de menos de 20.000 habitantes que na provincia son todos agás o de Lugo”. O Vicepresidente provincial incidiu en destacar as consecuencias que terá a posta en marcha do novo decreto da Xunta, cando dixo que “os concellos terán que recurrir ao copago e cargar sobre os usuarios o custe do servizo, profundizando aínda máis nas diferenzas sociais que hai entre a Galiza rural e a urbana”.

PARTIDAS POR CONCELLOS

As axudas ós concellos para a prestación do SAF básico foron aprobadas por unanimidade na Xunta de Goberno e previamente nunha mesa técnica formada por representantes dos tres grupos políticos con presenza na institución provincial e por funcionarios, en base a criterios obxectivos, según explicou Antonio Veiga. Así, na comarca de Lemos beneficiaranse un total de 354 persoas, cun reparto de 7.044 euros para Bóveda, 52.345 euros ó concello de Monforte, 11.462 euros a Pantón, 12.385 euros á Pobra do Brollón, e 16.053 euros ó Saviñao. Pola súa parte, na comarca de Chantada os beneficiarios serán 220, cun reparto de 373 euros para o concello de Carballedo, 12.777 euros para Chantada, e para Taboada 11.327 euros. Para os concellos da comarca de Sarria que solicitaron esta subvención, os importes serían como siguen: O Incio (5.943 euros), Láncara (2.752 euros), Paradela (6.053 euros), O Páramo (1.190 euros), Portomarín (1.922 euros), Samos (5.973 euros), Sarria (6.814 euros), Triacastela (4.356 euros), cun total de 138 beneficiarios. Por último, a aportación para os concellos da comarca de Quiroga beneficiará a 70 persoas, e o reparto destina 4.437 euros a Folgoso do Courel, 3.503 euros a Quiroga e 2.555 euros a Ribas do Sil.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Voltan os paseos en barca polo Cabe

Seguinte Nova

A zona sur de Lugo amosa o maior número de solicitudes presentadas ó Pacto polo Emprego

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss