A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, indicou que os traballos, cun orzamento de 471.398 euros, incidirán “de xeito notable” na seguridade viaria dun tramo con tres portos de montaña. Arias explicou que as obras consistirán na rehabilitación do firme e a reposición de marcas viarias e sinais verticais, mellorando as condicións xerais dunha estrada que viña acusando os efectos do tráfico e das frecuentes nevadas do inverno. Asimesmo, a delegada territorial suliñou que esta actuación beneficiará a unha poboación de preto de 5.000 habitantes dos concellos próximos que utilizan de xeito habitual esta estrada de montaña, e moi especialmente ós de Pedrafita do Cebreiro, Triacastela e Samos.
Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS
O presidente, José Tomé Roca, comprobou o avance dos traballos na LU-P-0901 entre os quilómetros 8,3
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou un novo investimento que supera os 800.000€
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de presentar nunha rolda de prensa o anteproxecto
A Xunta de Galicia anunciou que, nas próximas semanas, iniciarán as obras de restauración do claustro