ARTESANÍA POPULAR, A POSTA EN VALOR DO TALENTO

Importante presencia de artesáns do sur de Lugo no I Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia

Máis de 5.000 persoas participaron neste evento

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, durante a presentación do I Encontro de Artesanía Tradicional e Popular celebrado en Agolada, xunto a Elías González, artesán de Gundivós. GPXG.

Un total de 70 expositores, dos que 18 procedían do sur de Lugo, amosaron a súa creatividade no I Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, organizado pola Dirección Xeral de Comercio, e que tivo lugar na localidade pontevedresa de Agolada do 5 ó 8 de xullo. Durante estes días, os artesáns procedentes do sur da provincia de Lugo recibiron a visita da delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, que calificou esta iniciativa como “un escaparate de promoción comercial e de apoio ao talento”.

ARTESANÍA E PRODUTOS TRADICIONAIS

A olería de Gundivós de Elías González Prieto, o taller de cantería de David Soengas, de Antas, e as labores de cestería e de palla de Idoia Cuesta, de Outeiro de Rei (mención especial nos Premios Nacionais de Artesanía) estiveron presentes neste encontro, que contou coa participación de empresas como Galletas Mariñeiras, de Chantada, Mel do Castro, de Sober, Aceiroga, aceite de Quiroga, e Don Bernardino, adega da Denominación de Orixe Ribeira Sacra situada tamén en Sober. Tamén deron a coñecer os seus produtos as firmas Caurelor, castañas e mermeladas de Folgoso do Courel, e Granxa Maruxa, de Monterroso, entre outras, presentes neste evento concebido como un mercado tradicional.

PULO Á PROMOCIÓN

Raquel Arias destacou que “na provincia de Lugo sempre tivemos artesáns de moito talento, polo que o papel da Xunta consiste en apoiar ese talento, a través Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño”. Según os organizadores deste Encontro, o evento de Agolada rexistrou unha afluencia de máis de 5.000 persoas, e contou con 250 participantes en conferencias e obradoiros.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Eixo Atlántico apoia en Santiago o papel de Monforte na rede de transporte europea

Seguinte Nova

O VERÁN NON DÁ TREGUA Ó DESEMPREGO NO SUR DE LUGO

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: