EN MARCHA O PROGRAMA DEPORTIVO DO VERÁN EN MONFORTE

Máis de 150 rapaces participan nas actividades da primeira quenda do Campamento de Verán e do Campamento Lúdico Infantil

Inscripción nos torneos de agosto

O variado programa de actividades do Campamento de Verán para rapaces e rapazas de 5 a 14 anos está a acadar un cheo completo na primeira quincena deste mes. Un total de 125 participantes acuden ás actividades que se realizan nas instalacións deportivas de A Pinguela e os pavillóns dos IES Daviña Rey e Río Cabe, así como no Parque de Os Condes ata o 16 de xullo. Actividades deportivas como baloncesto, fútbol sala, tenis de mesa, ou voleibol, e obradoiros de teatro, baile e manualidades, entre outros, integran a oferta lúdico-deportiva desta edición que está a ter boa acollida, xa que para a segunda quenda de xullo só quedan 11 prazas libres.

ACTIVIDADES DE 2 A 5 ANOS

Para os máis cativos (de 2 a 5 anos) o verán ofrece a alternativa do Campamento Lúdico Infantil, que ten lugar nas instalacións de Kanguropark os días laborables entre as 10 e as 14 horas. Maxia, marionetas, contacontos, obradoiros de barro, maquillaxe e pintura de camisetas, alternan con xogos organizados e momentos de descanso ó longo da mañá.

I CAMPUS DE BALONCESTO CIDADE DE MONFORTE

Do 20 ó 24 de agosto celebrarase no Pavillón Municipal de A Pinguela o I Campus de Baloncesto Cidade de Monforte, iniciativa gratuita dirixida a rapaces e rapazas de 6 a 14 anos.

VI CAMPUS DE FÚTBOL CIDADE DE MONFORTE, REAL CLUB CELTA E FUNDACIÓN CELTA

Tamén en agosto, entre os días 6 e 10 celebrarase a VI edición do Campus de Fútbol Cidade de Monforte, coa colaboración do Real Club Celta de Vigo e a Fundación Celta. Esta actividade está dirixida a nenos e nenas entre 7 e 14 anos, e desenvolverase no estadio Luis Bodegas.

TORNEO DE BALONCESTO 3×3 E VOLEI PRAIA

O Concello de Monforte, en colaboración co C.B. Val de Lemos organiza un torneo 3×3 que se disputará o 11 de agosto nas pistas de baloncesto de A Compañía. Pola súa parte, o Concello organiza o III Torneo Voley Praia, que se celebrará no Parque dos Condes do 21 ó 26 de agosto. As inscripción para ambas competicións poden realizarse en horario de mañá nas oficinas das Casiñas.

CURSO DE TENIS

Pola súa parte, nenos e nenas de 6 a 12 anos poderán participar no Curso de Tenis que se desenvolverá os martes e xoves de agosto nas pistas de tenis de A Pinguela, en horario de mañá.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PP monfortino respalda a Monforte como nó loxístico europeo

Seguinte Nova

A Xunta licita por preto de medio millón de euros as obras de reforma de 13,5 quilómetros da estrada LU-633 entre Pedrafita e o Alto do Poio, cun periodo de execución de 6 meses

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss