O Eixo Atlántico apoia en Santiago o papel de Monforte na rede de transporte europea

Na reunión á que asistiu o Alcalde de Monforte, o presidente da Xunta lembrou a aposta do Goberno galego por convertir á cidade nun nó loxístico nesta rede

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante o seu encontro en Santiago co alcalde de Monforte e Vicepresidente do Eixo Atlántico, Severino Rodríguez, o Presidente do Eixo e alcalde de Viana do Castelo, José María Costa, e o secretario da entidade, Xoán Vázquez Mao. CONCHI PAZ.

O pasado 2 de xullo, o presidente da Xunta reuniuse cos responsables do Eixo Atlántico para amosar o seu apoio na cooperación de proximidade e a proxección conxunta da Eurorrexión diante de Europa. Núñez Feijóo volveu a ratificar a aposta do Goberno galego por converter a Monforte nun nodo loxístico dentro da Rede Europea de Transportes, unha “prioridade” que comparte co Ministerio de Fomento, que xa defendeu ante a Unión Europea. Segundo declarou Feijóo, a Xunta está “apostando decididamente” pola inclusión de Monforte na rede básica europea de transportes, coa posta en marcha da Plataforma Loxística que se está a construír na vila do Cabe.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta licita por preto de medio millón de euros as obras de reforma de 13,5 quilómetros da estrada LU-633 entre Pedrafita e o Alto do Poio, cun periodo de execución de 6 meses

Seguinte Nova

ARTESANÍA POPULAR, A POSTA EN VALOR DO TALENTO

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss