O VERÁN NON DÁ TREGUA Ó DESEMPREGO NO SUR DE LUGO

O sindicato UGT-Lemos alerta de que a reducción en 39 parados con respecto ó mes pasado non pode ocultar a subida en 772 desempregados máis con respecto a xuño de 2011

“Espellismo de verán” é a etiqueta que dende UGT-Lemos utilizan para falar da reducción do desemprego rexistrada en xuño no sur de Lugo, con 39 persoas menos en paro, xa que “a realidade é ben distinta, con 772 parados máis que hai un ano”. Según afirma Mario Docasar, secretario xeral da formación sindical, “a preocupación está aí, xa que todos os concellos do sur de Lugo viron crecer a cifra de parados con respecto ó último ano. Docasar suliñou a situación dos menores de 25 anos, cun total de 343 parados en xuño, “e sen nengunha perspectiva de conseguir un emprego”.

Asimesmo, a redución do número de persoas en paro con respecto ó mes de maio é “moderadamente positiva”, con 27 parados menos no sector servizos no sur provincial, aínda que con 13 parados máis na construcción. En xuño deste ano, o número de desempregados por concellos son como sigue: Bóveda (103), Chantada (724), Monforte (1.757), Pantón (210), A Pobra do Brollón (129), Quiroga (334), Ribas do Sil (93), O Saviñao (275), e Sober (159).

En Quiroga, Docasar destacou a redución en 10 persoas dos desempregados na industria, aínda que resaltou o aumento con respecto ó ano pasado. “O Alcalde preocúpase moi pouco de facer atractiva a creación de novas empresas, e de axudar ás familias”, declarou Docasar, quen lembrou que neste concello había pleno emprego hai 4 anos, “e agora son 334 familias as que están en grave situación económica”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

ARTESANÍA POPULAR, A POSTA EN VALOR DO TALENTO

Seguinte Nova

200.000 euros para o Plan provincial de Emprego feminino

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: