Vivir o Museo: un verán descubrindo Tor

O programa de actividades de verán da Rede Museística de Lugo está deseñado en torno ó funcionamento dos museos, e leva ós participantes nunha viaxe dende a creación da obra artística ata a súa exposición ó público

O delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, presentou o programa de actividades do verán para cada unha das sedes da Rede Museística Provincial. GPDL

Interactividade e participación para coñecer os museos e, deste xeito, tamén a riqueza patrimonial e cultural da provincia son os puntais das actividades de verán programadas pola Rede Museística Provincial de Lugo. Segundo explicou o delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, esta programación inclúe unha “completa e atractiva” oferta de actividades que se desenvolverán nos catro museos da Rede de xeito interactivo, é dicir, con visitas dos grupos participantes dun museo a outro, aínda que tamén se complementa con actividades específicas en dúas das catro sedes.

“ENRÉDATE NA REDE”, UNHA PORTA ABERTA Ó MUNDO DOS MUSEOS

Esta actividade terá lugar nos catro museos da Rede provincial, entre os que se ínclue o Museo de Tor, en Monforte de Lemos. O obradoiro “Enrédate na Rede”, dirixido a rapaces e rapazas de 4 a 15 anos, é unha actividade única desenvolvida en varias sesións, que en Tor se celebrarán o 31 de xullo e o 1 de agosto. O obxectivo de “Enrédate na rede” pretende dar unha visión global do museo e do proceso artístico en todas as súas fases, dende a realización das obras ata a súa exposición nos museos, pasando pola difusión dos traballos realizados. Para comezar con bo pé, a actividade empeza cunha visita de iniciación para o coñecemento básico do Museo.

Así, o 31 de xullo a actividade centrarase nas artes decorativas, a etnografía e a fotografía, relacionadas co Museo de Tor e co seu entorno. O día 1 de agosto, o grupo de participantes viaxará ata o Museo Provincial de Lugo para compartir a xornada cos rapaces que están a realizar esta mesma actividade en dito museo.

VIAXE A TRAVÉS DO TEMPO

A segunda das actividades da programación da Rede Museística Provincial en Tor xira ó redor da viaxe no tempo. Así, os participantes realizarán, do 22 ó 24 de agosto, unha experiencia prática consistente nunha escavación arqueolóxica.

Asimesmo, o 21 de agosto o grupo viaxará ó Museo Etnográfico de San Paio de Narla, en Friol, para compartir a xornada cos participantes na programación de verán deste Museo. A actividade deste día desenvolverase en torno á caracterización de época para a realización de diversos xogos competitivos por equipos, e baseados nos pasatempos medievais.

HORARIOS E INSCRIPCIÓN NAS ACTIVIDADES DE TOR

Estas actividades desenvolveranse de 11 a 14 horas, e o programa ofrece 40 prazas para os participantes nas dúas actividades que se celebrarán en Tor. As saídas e a realización de fotografías e vídeos que rexistran o desenvolvemento da actividade e que logo se colgarán nas canles dixitais da Rede Museística Provincial deben contar coa autorización escrita dos pais e nais dos participantes. As inscripcións poden realizarse no Pazo de Tor, e o formulario pode obterse no enlace http://www.museolugo.org.

MUSEOS COMO ELEMENTO DE ATRACCIÓN TURÍSTICA NA PROVINCIA

Na presentación do programa de verán da Rede de Museos, o responsable provincial de Cultura sinalou que “se está a traballar para que os museos da Rede sexan modernos, dinámicos, estean ao servizo do cidadán e teñan unha programación atractiva na que se mesture educación, cultura e diversión”, ao tempo que suliñou o crecemento do turismo cultural nos últimos anos. Outeiro expresou a necesidade de “facer máis accesibles os Museos á cidadanía”, polo que anunciou que este verán os museos da Rede Provincial abrirán de 9 da mañá a 9 da noite de luns a venres, os sábados de 10,30 a 14 horas, e de 16,30 a 20 horas, e os domingos e festivos de 11 a 14 horas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

200.000 euros para o Plan provincial de Emprego feminino

Seguinte Nova

Voltan os paseos en barca polo Cabe

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio