Voltan os paseos en barca polo Cabe

• Amplíase o horario da tarde, e á mañá só haberá servizo durante as fins de semana • As barcas estarán disponibles ata o 15 de setembro, e manterán o prezo dos últimos anos

A paisaxe do Paseo Fluvial do Cabe recibe o verán coa posta en marcha das barcas. Arquivo EC.

Dende o pasado 2 de xullo e ata o 15 de setembro, monfortinos e visitantes poderán disfrutar, un ano máis, dos paseos en barca polo río Cabe. Segundo informaron os responsables municipais, este ano o servizo incorpora modificacións no horario, debidas á necesidade de axustar custes e de axeitarse á demanda rexistrada nestes últimos anos. Desta maneira, durante a semana non haberá servizo de barcas pola mañá, funcionando polas tardes a partir das 18 horas, e prolongándose ata as 22 horas, co que as barcas estarán operativas unha hora máis con respecto a anos pasados. Durante as fins de semana dos meses de xullo, agosto e a primeira quincena de setembro, o servizo estará operativo pola mañá de 11 horas a 14 horas, e pola tarde no mesmo horario que nos días laborables.

OITO BARCAS POR 3 EUROS A VIAXE DE MEDIA HORA

Os responsables municipais explicaron que o embarcadoiro do Parque dos Condes pon a disposición dos usuarios un total de oito barcas de propiedade municipal, xestionadas pola asociación Casa do Barqueiro.

O prezo de cada barca, por un paseo de trinta minutos de duración, será de 3 euros, o mesmo prezo que nos últimos anos.

BALANCE POSITIVO DO SERVIZO DE BARCAS POLO RÍO

Os responsables municipais valoran de xeito positivo a acollida deste servizo entre cidadáns e visitantes dende que se ofertaron por vez primeira no verán do 2005, incrementando ano tras ano a cifra de viaxes da temporada anterior. No ano 2009 rexistráronse 1.033 viaxes, que subiron a 1.300 o ano seguinte, para acadar no ano 2011 as 1.625 viaxes.

O custo desta actividade, sufragado integramente pola Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, ascenderá este ano a 8.171 euros.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Vivir o Museo: un verán descubrindo Tor

Seguinte Nova

2.988 lucenses de 64 concellos beneficiaranse das axudas provinciais para a prestación do Servizo de Axuda no Fogar

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: