Remata o FCB Escola Campus Peñas en Monforte de Lemos
Un total de 105 rapaces de 6 a 15 anos participaron no Campus da Escola do Fútbol Club Barcelona, iniciativa que se desenvolveu por vez primeira en Monforte do 15 ao 21 de xullo, nun paso máis do empeño do FC Barcelona por achegarse ás peñas, auténticas impulsoras do barcelonismo.
MÁXIMA ORGANIZACIÓN PARA UNHA MELLOR FORMACIÓN
Para facer máis intenso ese afán de achegamento do Clube cos seus afeccionados, o FC Barcelona está poñendo en marcha por toda España estes Campus, externalizando a súa organización a través dunha empresa profesional, e aportando un grupo de técnicos de primeiro nivel que traballan moi estreitamente cun grupo de técnicos locais, para levar a cabo as accións formativas cos rapaces coa mellor calidade posible. Deste xeito, según explica Carlos Martorell, xerente da empresa organizadora Tacticss Sport, «non só adquiren coñecementos técnicos os rapaces, senón que logramos que os técnicos locais tamén reciban formación, e así todo o aprendido quede aquí, en Monforte, aínda despois de rematar o Campus». Os técnicos que formaron aos locais de Monforte foron o ex xogador Pep Moratalla, o técnico da Escola FCB, Ferrán Hernández, e Jordi Molá, cunha reunión previa aos entrenos de mañá e tarde, onde se daban aos entrenadores locais as consignas e indicacións de que entrenar nese día, como facelo e por que, «xa que buscamos un valor engadido, ensinar aos rapaces e tamén aos entrenadores», explica Martorell.
VALORES HUMANOS A TRAVÉS DO DEPORTE
Durante sete días, os participantes recibiron un completo programa formativo, onde se traballou non só o aspecto técnico-futbolístico, senón tamén hábitos de hixiene e alimentarios, a convivencia a través do deporte e a cultura (xa que fixeron diversas excursión ao entorno da comarca), as vantaxes da prática do deporte, e a adquisición dos valores que representa o FCBarcelona, como son a tolerancia, o respeto, a solidaridade, o compañerismo e a integración. Esta boa atmósfera estivo ben presente ao longo de todo o Campus, xa que «estivemos moi cómodos e a gusto en Monforte», suliña Carlos Martorell, «coas máximas facilidades grazas ao traballo brutal de Luis Conde e o resto dos membros da Peña Val de Lemos». Unha experiencia «magnífica», onde «Monforte estivo moi á altura das nosas expectativas», suliña Martorell, quen lembrou o compromiso de Julio Alberto de «traer o Campus de novo a Monforte».