410.000 euros destinados aos concellos lucenses para promover a igualdade

Os Centros de Información á Muller (CIM) municipais, destino maioritario destas axudas

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, durante a presentación das axudas de promoción á igualdade. GPX.

O Diario Oficial de Galicia publicou recentemente a resolución da Secretaría Xeral da Igualdade das axudas e subvencións concedidas este ano a entidades locais para a promoción da igualdade por importe de 2.837.486 de euros, cofinanciados polo Fondo Social Europeo. Según explicou a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, os concellos da provincia de Lugo recibirán 410.000 euros. Asimesmo, explicou que esta partida distribúese en catro liñas de actuación, centradas na promoción da igualdade, na prevención e tratamento da violencia de xénero, en programas de fomento da conciliación e nunha liña de apoio aos Centros da Información da Muller (CIM).

ANTICIPO PARA QUE OS CONCELLOS “DISPOÑAN DOS RECURSOS CON MAIOR AXILIDADE”

Os concellos ingresarán no mes de xullo un primeiro pagamento anticipado do 80% do importe das axudas concedidas, unha medida adoptada pola Secretaría Xeral da Igualdade considerando a delicada situación económica dos concellos, “un anticipo que facilitará que as entidades locais dispoñan dos recursos coa maior axilidade, nunha conxuntura na que coinciden unha maior demanda de servizos da veciñanza e a complexa situación financeira”, indicou López Abella.

ATENDIDAS O 100% DAS SOLICITUDES “DEBIDO Á DISPONIBILIDADE PRESUPOSTARIA”

A secretaria xeral destacou que “a disponibilidade presupostaria fixo posible atender o 100% das solicitudes que cumprían os requisitos establecidos na convocatoria”, de xeito que na liña de promoción da igualdade resultaron beneficiarios un total de 11 concellos da provincia, que disporán en conxunto de 30.855 euros, para programar iniciativas que van desde o desenvolvemento de actividades de coeducación, contacontos ou campamentos urbanos, á elaboración de plans municipais de igualdade de oportunidades.

Os Centros de Información á Muller municipais (CIM) ofrecen ás mulleres servizos de asesoramento e asistencia psicolóxica, asesoramento xurídico, información de servizos e programas para mulleres, e información e asesoramento sobre axudas económicas para mulleres. Arquivo EC.

SENSIBILIZACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, E CONCILIACIÓN LABORAL

A liña de prevención e tratamento da violencia de xénero, vai subvencionar as actividades de sensibilización e concienciación, así como de intervención integral coas mulleres vítimas. Por outra banda, a liña de axudas para accións de fomento da conciliación atenderá actividades como o programa Concilia, campamentos de verán, bancos de tempo ou ludotecas. Para estas dúas partidas, a Xunta destina en Lugo 11.095 euros en catro concellos.

MAIOR DOTACIÓN PARA OS CIM DA PROVINCIA

Por outra banda, Susana López Abella destacou que a liña con maior dotación económica é a adicada aos CIMs da provincia, cun presuposto concedido de 368.751 euros, para un total de 11 centros.

PAPEL “RELEVANTE” DOS CONCELLOS NA DIFUSIÓN DA IGUALDADE

Estas catro liñas de axudas aos concellos teñen unha especial relevancia no marco das actuacións da Secretaría Xeral da Igualdade, por considerar que son os “axentes idóneos” para desenvolver iniciativas tendentes a garantir a igualdade entre mulleres e homes, previr a violencia de xénero e favorecer as condicións de conciliación da vida persoal e profesional, “por ser as administracións máis próximas á cidadanía e máis coñecedoras da situación específica da súa poboación”.

AXUDAS PARA A PROMOCIÓN DA IGUALDADE, POR CONCELLOS NO SUR DE LUGO

Dentro do programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes, o reparto para os concellos do sur de Lugo destina ó Concello de Carballedo 876 euros para a avaliación do Plan de Igualdade. Asimesmo, o Concello de Monforte conta cunha partida de 2.460 euros para o proxecto Camisetas Comprometidas, o Concello de Portomarín recibirá 3.124 euros para o Programa de Coeducación, e o Concello de Sober percibirá 1.142 euros para a avaliación do Plan de Igualdade. Pola súa parte, o Concello de Taboada ingresará 1.714 euros para diversas actuacións: Reconstruíndo a historia; Ti cose o botón que eu xa pinto, Hoxe cociño eu; Intercambio de papeis; Visualizando o traballo doméstico; Gymcana do fogar e Compartindo casa. Asimesmo, o Concello de O Saviñao percibirá 7.256 euros para a elaboración do II Plan de Igualdade.

AXUDAS PARA A PREVENCIÓN E TRATAMENTO DA VIOLENCIA DE XÉNERO, POR CONCELLOS NO SUR DE LUGO

A financiación do programa de prevención e tratamento integral da violencia de xénero dentro destas axudas destina 1.168 euros ó Concello de Monforte para a prevención, sensibilización e concienciación sobre a violencia de xénero na sociedade, e 1.462 euros ó Concello de Portomarín polo mesmo concepto. Pola súa parte, o programa de fomento da conciliación non inclúe partidas para os concellos do sur de Lugo.

PARTIDAS ÓS CENTROS DE INFORMACIÓN DA MULLER DO SUR DE LUGO

Por último, o Concello de Chantada recibirá 28.198 euros para o Centro de Información da Muller, 39.846 euros o CIM de Monforte de Lemos, 26.040 euros serán para a unidade do CIM de Quiroga e 19.929 euros para o CIM de Sarria.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O PP de Monforte pide ó Goberno local que supervise as condicións de suministro de auga potable en Gullade

Seguinte Nova

Imaxes para a Historia

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: