A Consellería garante unha “atención de calidade” ao alumnado da Montaña lucense

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria reitera que as ratios de alumnos por aula e profesor nos colexios dos municipios da Montaña lucense están por debaixo da media española e mesmo da autonómica. Dende a Consellería suliñan que a media autonómica “é xa de por si unha das máis baixas do Estado”, polo que garanten unha “atención de calidade” ao alumnado.

Explican o exemplo do centro con máis matrícula da zona, o CEIP de Samos, que rexistra 28 alumnos, cunha relación de 14 alumnos por aula, “coa circunstancia de que, dada a dotación de persoal e as características do alumnado, algunhas ensinanzas poderán ser impartidas en grupos máis reducidos”, sendo a proporción deste centro de pouco máis de 9 alumnos por profesor. Nos casos dos centros de Triacastela, Baleira, Cervantes e O Incio, as respectivas cifras de alumnos son “sensiblemente inferiores” ao do colexio de Samos, explican. A Xunta insiste en que “a reorganización das unidades é unha prática habitual no comezo do curso, que busca un uso máis eficiente dos recursos educativos, sempre dentro do seu compromiso coa escola do rural e coa calidade do ensino”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Un grupo de sarriáns visitará Guerlèdan dentro do programa de irmandamento entre ambas vilas

Seguinte Nova

Axudas aos concellos do sur de Lugo para frear o abandono escolar

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss