Aprobadas as axudas provinciais a concellos e asociacións deportivas por 630.000 euros

Según o estudo da revista “Deportistas”, a Deputación de Lugo é o ente provincial que máis inviste en deporte por habitante. EC.

A Área de Deportes da Deputación de Lugo aprobou as subvencións de deporte en concorrencia competitiva por valor de 630.000 euros destinadas aos concellos e a asociacións deportivas. O obxectivo destas axudas busca apoiar a promoción e organización de actividades deportivas, tanto competitivas como non competitivas, así como aportar fondos a mellora de instalacións e equipamentos e material deportivo no caso dos concellos.

MÁIS SOLICITUDES

Antonio Veiga, vicepresidente do ente provincial e responsable da Área de Deportes, destacou o incremento do número de solicitudes recibidas desde os concellos e desde os clubs deportivos con respecto ó ano pasado. “A pesar de dito incremento, os 67 concellos da provincia recibirán esta axuda, ben sexa con carácter anual ou para a realización dalgún evento concreto, cun total de 130.000 euros en axudas”, explicou Veiga. O incremento foi significativo sobre todo nos clubes deportivos, que de 520 axudas en 2011 pasaron a 602 en 2012, e que recibirán en total 500.000 euros este ano. Veiga explicou este incremento das solicitudes “polo retraso da Xunta en convocar axudas, e incluso por saltarse convocatorias”, e “pola confianza dos clube no apoio da Deputación”. Antonio Veiga destacou que “segundo un informe anual que elabora a revista “Deportistas” a Deputación de Lugo é, exceptuando os cabildos insulares e as deputacións forais, cun réxime orzamentario diferente, a Deputación do Estado que máis inviste en deporte por habitante”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Novas instalacións de Saúde Mental do Complexo Hospitalario de Lugo

Seguinte Nova

Un grupo de sarriáns visitará Guerlèdan dentro do programa de irmandamento entre ambas vilas

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: