Axudas aos concellos do sur de Lugo para frear o abandono escolar

Educación aporta un total de 78.366 euros ós concellos solicitantes

22 concellos lucenses recibirán antes do mes de agosto axudas por valor de 227.301,28 euros para desenvolver programas contra o abandono escolar. Estas axudas, concedidas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, suman un total de 1.358.035 euros destinados aos 132 concellos de Galicia que solicitaron as citadas axudas, e que beneficiaran a preto de 40.000 persoas.

78.366 EUROS EN AXUDAS AOS CONCELLOS SOLICITANTES DO SUR DE LUGO

O reparto para os concellos do sur de Lugo que solicitaron estas liñas de axuda destina 10.994 euros para seis actuacións que desenvolverá o Concello de Chantada, 12.440 euros para oito actuacións no Concello de Láncara e outras tantas, con igual financiación, no Concello de Portomarín. Pola súa parte, o Concello de Sarria desenvolverá un total de dez programas cunha axuda de 25.600 euros. Asimesmo, o Concello de O Saviñao recibirá 4.800 euros para unha única actuación, e Taboada recibirá 12.092 euros para desenvolver seis programas.

MENOS ABANDONO ESCOLAR E SEGUNDA OPORTUNIDADE

Según explicaron os responsables desta iniciativa, esta liña de axudas ten como obxectivo procurar, dunha banda, a redución do abandono temperán dos estudos por parte daqueles que nestes momentos están estudando. Deste xeito, aquel alumnado con menor motivación e capacidade de aprendizaxe recibirá respostas adaptadas as súas necesidades. Asimesmo, trátase por outra banda de dar unha nova oportunidade as mozas e mozos galegos que abandonaron o sistema educativo, de forma que poidan prepararse para as probas de obtención do graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou para incorporarse a estudos de Formación Profesional de grao medio ou de Bacharelato.

ATENCIÓN A COLECTIVOS EN RISCO DE EXCLUSIÓN

Os responsables de Educación suliñaron que o programa conta, entre os seus propósitos, o de favorecer a atención educativa dos colectivos vulnerables, como o alumnado inmigrante ou en risco de exclusión social, e impulsar a coordinación entre organización e institucións do contorno para diminuír o abandono escolar.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Consellería garante unha “atención de calidade” ao alumnado da Montaña lucense

Seguinte Nova

Turismo e hostelería, “os máis perxudicados” pola subida do IVE

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: