Chantada estrea tenda rural cunha nova imaxe corporativa no complexo de ICOS

Iniciativas de dinamización económica dende as cooperativas

A tenda rural emprazada no complexo da cooperativa ICOS estrea marca corporativa, inaugurada polo presidente de ICOS, Javier Taboada, e o alcalde de Chantada, Manuel Varela. EC

Apostar pola dignidade do rural e activar a economía desta zona son os motores da iniciativa da tenda rural que baixo a marca Mercarural comeza a súa andadura no complexo da cooperativa ICOS de Chantada. Según explicou durante o acto de apertura Javier Taboada, presidente de ICOS, esta inauguración supón “un novo paso comercial” e busca “xerar novas liñas de actividade” na cooperativa, traballando conxuntamente con outras cooperativas.

As instalacións incorporan peixería, produtos de alimentación en xeral, produtos específicos do agro, e tamén gasolineira. EC.

UNIÓN DE COOPERATIVAS PARA MELLORAR SERVIZOS

A marca Mercarural é unha iniciativa impulsada por Delagro, cooperativa de segundo grado integrada á súa vez por máis de 40 cooperativas e entidades do entorno agrogandeiro ubicadas en Asturias, Cantabria e Galicia, que en total rexistran más de 17.000 asociados. Dado o peso específico desta cooperativa, os seus xestores aprobaron crear unha marca propia que, “baixo criterios profesionais, asocie as tendas agrarias implantadas nas diversas cooperativas baixo unha identidade común, coidada, atractiva e recoñecible baixo a modalidade de franquicia”, e que tamén se beneficia dos prezos “moi competitivos” a través da central de compras de Delagro.

SERVIZOS DA TENDA

A tenda emplazada no complexo da cooperativa ICOS en Sobreira é o segundo establecemento destas características aberto en Galicia baixo este franquiciado. Aínda que está especializada en produtos profesionais para agricultores e gandeiros, a tenda rural ofrece servizo de supermercado, cunha amplia gama de produtos de alimentación e produtos para o fogar, e incorpora áreas complementarias para un público rururbano, como ferretería, xardinería, horticultura, bricolaxe, e mascotas, entre outros. Asimesmo, a marca Mercarural tamén integra os servizos de taller de automoción e agrícora, e centro de lavado e gasolineira, “co fin de colmar as necesidades dos consumidores desprazándose o mínimo posible, e ofrecendo a maior cantidade de servizos posibles”. O servizo de dispensación de combustibles é un dos máis celebrados polos usuarios dende a súa posta en marcha hai dous anos, coa particularidade de que foi unha das primeiras estacións de servizo de España que funciona ao 100% sen necesidade de persoal. No acto de apertura da franquicia, o alcalde de Chantada, Manuel Varela, felicitou ós responsables de ICOS porque “nestes tempos de crise este paso ten moito que dicir”. Varela destacou esta iniciativa como “un factor que fai que medre o mundo rural”, e suliñou a importancia de sacar adiante estes proxectos, “dos que ogallá houbera máis”, para “meterlle máis cartos no bolsillo aos que traballan o campo, sobre todo no caso dos produtores de leite”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Prioridade da gandeiría no reparto nacional de fondos para producións e mercados agrarios en Galicia

Seguinte Nova

Lectura, actividades acuáticas e obradoiros para todas as idades no verán de Sober

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss