DECORADOS “DE CINE” EN QUIROGA

O Museo Etnográfico inaugurou a exposición permanente dos decorados do filme de animación “O Apóstolo”

Numeroso público acudiu á inauguración da mostra no Museo Etnográfico de Quiroga. EC.

O Museo Etnográfico de Quiroga conta xa cun novo atractivo que sen dúbida atraerá moitos visitantes. Trátase da exposición dos decorados realizados para a ambientación da película de animación “O Apóstolo”, inspirados “nas lendas galegas e nas paisaxes do Courel”, como explicaron os responsables do filme, Fernando Cortizo e Isabel Rey. Ambos manifestaron estar “contentos porque os decorados de “O Apóstolo” se queden en Quiroga, no Museo Etnográfico, xa que buscaban un emprazamento que garantira unha boa conservación destes elementos e que estes conectaran co espazo expositivo”. Isabel Rey destacou a “raíz galega, etnográfica” do guión deste filme, e reivindicou que “fronte ás tradicións americanas no cinema, hai que exportar a nosa cultura e as súas tradicións”. Pola súa parte, os responsables municipais agradeceron a cesión destes decorados, e anunciaron que están organizando un pase da película en Quiroga.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Firmado en Quiroga o convenio entre a Xunta e o Consorcio Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Prioridade da gandeiría no reparto nacional de fondos para producións e mercados agrarios en Galicia

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: