Firmado en Quiroga o convenio entre a Xunta e o Consorcio Ribeira Sacra

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, trala firma do convenio co presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Juan Carlos Armesto, acompañados pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez. SXT.

O Telecentro de Quiroga acolleu a firma do convenio entre a Secretaría Xeral para oTurismo e o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. Este acordo suporá o investimento de 130.000 euros en accións promocionais do xeodestino Ribeira Sacra, dos cales 110.000 euros serán aportados pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Turismo, e dos que un 80% proceden de Fondos Feder e o 20% de FCI. Pola súa parte, o Consorcio aportará os os 20.000 euros restantes.

VIÑOBÚS, NOVA WEB E REFORZO DE SINALIZACIÓN

Según explicaron durante a presentación do acto, este convenio ten como obxecto a subvención de actividades relacionadas coa promoción, dinamización e fomento do turismo do xeodestino Ribeira Sacra. As actuacións inclúen unha nova páxina web, a reedición de material promocional, a edición de folletos virtuais en 3D, o reforzo da sinalización, campañas de promoción, o Viñobús, as rutas do Románico ou acordos de comercialización e feiras promocionais.

TRABALLO CONXUNTO DOS CONCELLOS NO XEODESTINO

Carmen Pardo destacou “a dispoñibilidade e colaboración do Consorcio de Turismo e dos concellos” que o integran porque “están a traballar conxuntamente na execución como xeodestino destes convenios para potenciar turisticamente a zona e para poñer en valor os seus recursos”. A secretaria xeral para o Turismo explicou que o obxectivo destes convenios é “continuar coa colaboración interadministrativa para facer destinos turísticos singulares e diferenciadores que especialicen a súa oferta”.

QUIROGA, “EXEMPLO DA BELEZA DA RIBEIRA SACRA”

Pola súa parte, a delegada da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, destacou que Quiroga acolleu a firma deste convenio “xa que representa un exemplo a pequena escala da beleza que encerra toda a Ribeira Sacra”. Arias suliñou que “en Quiroga atopamos tesouros naturais e o debuxo na pedra da xeografía desta zona, así como festas de produtos distintivos deste entorno, como o viño ou o aceite”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Un verán de golf en Pantón

Seguinte Nova

DECORADOS “DE CINE” EN QUIROGA

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss