Imaxes para a Historia

AMAFER edita unha colección de láminas históricas sobre a inauguración da liña de ferrocarril

A Asociación Monfortina de Amigos del Ferrocarril (AMAFER) acaba de editar unha edición limitada de 250 exemplares da carpeta que recolle diversas reproduccións dos gravados publicados no semanario madrileño “La Ilustración Española y Americana” sobre os diferentes actos celebrados con motivo da inauguración da liña férrea Palencia- Coruña. Esta información, publicada nos números de dita cabeceira entre agosto e outubro de 1883, viña ilustrada por excelentes gravados que representaban os actos sociais, e tamén algunhas das obras de enxeñería máis destacadas do traxecto percorrido polo ferrocarril.

IMAXES ÚNICAS

Según destacaron os responsables de AMAFER, estes gravados, obra do pintor, ilustrador e fotógrafo andaluz Juan Comba García, teñen “un especial interés”, non só pola súa calidade técnica e artística, senón “por ser, probablemente, as únicas imaxes do evento”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

410.000 euros destinados aos concellos lucenses para promover a igualdade

Seguinte Nova

O Goberno provincial levará ao Pleno unha proposta en contra dos novos axustes do Executivo central

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: