O IES A Pinguela incorpora dúas novas seccións bilingües en inglés e outra en francés o vindeiro curso

O equipo directivo do centro monfortino informou de que foron aprobadas as tres seccións bilingües que solicitaran. Deste xeito, o instituto monfortino impartirá en inglés a asignatura de Ética de 4º ESO e de Educación para a cidadanía e os dereitos humanos de 2º ESO, e en francés a de Iniciación á tecnoloxía informática de 4º ESO. Asimesmo, foi admitida a solicitude do IES A Pinguela para formar parte dos centros autorizados para formación de linguas extranxeiras CUALE, para potenciar e mellorar a formación en inglés e poder certificar o nivel acadado polo alumnado de 2º ano de ciclos superiores de Administración e Finanzas e de Administración de sistemas Informáticos en Rede. O obxectivo é que a FCT que está a impulsar en Irlanda este instituto se realice “co mellor nivel en inglés do alumnado participante”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sober segue a traballar polo medio ambiente e a sostibilidade

Seguinte Nova

O PP de Monforte pide ó Goberno local que supervise as condicións de suministro de auga potable en Gullade

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: