O PP de Monforte pide ó Goberno local que supervise as condicións de suministro de auga potable en Gullade

Nunha moción que se debatirá no pleno de agosto, o PP esixe que se proporcione o suministro de maneira continuada e cumplindo os parámetros microbiolóxicos que garanten que a auga sexa apta para o consumo. Os populares argumentan que, debido á recepción das obras de Augas de Galicia por parte do Concello no ano 2000 e da asunción do servizo durante anos, “sen que conste a existencia doutra concesión administrativa, determina a súa titularidade, con independencia da súa xestión”. O PP explica que na parroquia de Gullade “se suceden incidencias” desde que “o Concello ou a empresa concesionaria deixaron de administrar o suministro de auga, e nos últimos anos “estanse a producir cortes de suministro de varios días, e incluso, incumprimento dos parámetros microbiolóxicos”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O IES A Pinguela incorpora dúas novas seccións bilingües en inglés e outra en francés o vindeiro curso

Seguinte Nova

410.000 euros destinados aos concellos lucenses para promover a igualdade

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: