Pantón, punto de partida do Viñobús nos domingos do verán

En xullo e agosto, o Viñobús sae os sábados pola mañá dende Monforte, pola tarde dende Ourense, e os domingos pola mañá dende Pantón. EC

Nos meses de xullo e agosto, Pantón será o punto de partida das rutas dos domingos do Viñobús. O punto de encontro será ás 10 horas en Augas Santas, e ás 10,20 horas na Praza do Concello, para visitar nunha ruta de catro horas unha adega e a igrexa de Diomondi, e rematar coa visita a outra adega antes de retornar a Pantón. É preciso facer a reserva no número 638 823 592, e os grupos deberán ser de entre 5 e 8 persoas. A ruta inclúe visita con degustación de viños nas adegas, guía acompañante e desprazamento en microbús, cun precio de 6 € por persoa. As saídas dende Monforte parten ás 10 horas da Praza da Compañía.

CONTRATACIÓN PARTICULAR DO VIÑOBÚS

Este verán, o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, responsable do Viñobús, ofrece a posibilidade de contratar este servizo de xeito personalizado, de luns a domingo, para grupos cun mínimo de 5 persoas, reservando no 638 823 592 e consultar dispoñibilidade.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Turismo e hostelería, “os máis perxudicados” pola subida do IVE

Seguinte Nova

Un verán de golf en Pantón

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: