Sober segue a traballar polo medio ambiente e a sostibilidade

Nestes días, o Concello renovou o contedor destinado á recollida de aceite de cociña usado e instalou un novo punto de recollida. Según explicaron os responsables municipais, os novos depósitos son máis cómodos para os usuarios, xa que neles deberán depositar en botellas de plástico cerradas o aceite vexetal usado procedente da actividade doméstica. Os contenedores están instalados na Praza do Toural e na Praza do Concello.

IGNÍFUGOS E SEN DERRAMES

Os novos contenedores, ademáis de estar adaptados para o seu uso por personas con discapacidade, foron deseñados para impedir a extracción de residuos, evitando así derrames indeseados. Asimesmo, presentan un interior metálico e ignífugo, e están anclados ao chan para evitar danos por cortes ou impactos. Ao mesmo tempo, nos establecementos de hostelería do municipio estase a realizar unha recollida porta a porta do aceite usado.

BALANCE DE CATRO ANOS DE SERVIZO DE RECOLLIDA DE ACEITE USADO

O servizo de recollida de aceite usado funciona en Sober dende o ano 2008, cunha recollida anual de aproximadamente 350 litros de aceite, que supuxo preservar da contaminación un millón e medio de litros de auga.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Lectura, actividades acuáticas e obradoiros para todas as idades no verán de Sober

Seguinte Nova

O IES A Pinguela incorpora dúas novas seccións bilingües en inglés e outra en francés o vindeiro curso

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: