Pantón está a acoller unha intensa axenda de eventos vinculados ao golf durante os meses de xullo e agosto. Nas primeiras semanas do verán, as instalacións deportivas do OCA Augas Santas Balneario&Golf Resort celebraron as probas correspondentes ao V Torneo International Pairs 2012 e o V Open Terra Sacra. Asimesmo, o día 24 de xullo tivo lugar unha proba do torneo Ruta do Viño 2012, que se ven celebrando en 10 campos galegos, e que acolle en Augas Santas a un total de 150 xogadores. As 10 probas contan con cadanseu patrocinador, que no caso da proba de Augas Santas é a adega Abadía da Cova.
CAMPEONATO BENÉFICO
O día 25 de xullo disputouse o II Campeonato de Golf UNICEF- Aldeas Infantiles, unha proba de carácter benéfico que destinará toda a recadación a apoiar o traballo destas dúas organizacións humanitarias en prol dos dereitos da infancia.
PRETO DE 200 PARTICIPANTES NO CIRCUITO PREMIUM GAMBITO
O evento estrela da temporada de verán será o Circuito Premium Gambito 2012, que se celebrará entre o 4 e o 5 de agosto. Este circuito xógase nos mellores campos de golf, correspondendo a Mondariz, Meis e Augas Santas o desenvolvemento das probas en Galicia. Según suliñaron os responsables de golf do complexo OCA Augas Santas Balneario&Golf Resort, está prevista unha participación de 200 personas, xa que é unha das probas con maior volume de xogadores do calendario.
O TORNEO JOYERÍA CAMILO CUMPRE 17 EDICIÓNS
O complexo de Augas Santas acollerá, un ano máis, o Torneo Joyería Camilo, unha cita tradicional nos veráns de golf que acada xa a súa decimosétima edición. Este torneo xógase na fin de semana do 18 e 19 de agosto nas instalacións de Augas Santas e no campo do Río Cabe.
TORNEO PRINCESA LETIZIA
O día 25 de agosto, e como remate das probas de verán, o complexo de Pantón acollerá o Torneo Princesa Letizia, unha iniciativa asturiana que chega por vez primeira a Galicia, co fin de abrir o ámbito xeográfico de celebración desta proba, que se xoga maioritariamente no Principado.
ESCOLA DE GOLF
Por outra banda, está en marcha o terceiro trimestre das Escolas de Golf, con 50 inscritos, que desenvolven as actividades os mércores e xoves, na modalidade de adultos, e nas fins de semana na modalidade infantil. Os responsables de golf do complexo OCA Augas Santas Balneario&Golf Resort califican de “moi positiva” a acollida desta Escola, e suliñaron a importancia de “potenciar a prática e o coñecemento do golf, o que repercute tamén nun retorno ás instalacións do complexo”.