Na súa visita a Sober, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, anunciou que a Xunta de Galicia achega 172.800 euros este ano para o funcionamento das oficinas de rehabilitación de Monforte, Chantada, Quiroga e Sober. Arias, acompañada polo alcalde Luis Fernández Guitián, indicou que o desenvolvemento do ARI de Sober “vai deparar a mobilización de importantes investimentos na localidade”, a través das axudas vencelladas a este programa de rehabilitación pola Xunta de Galicia e o Goberno estatal. Destacou o “efecto positivo deste programa na dinamización do sector da rehabilitación, facilitando traballo durante os próximos meses ás dez empresas do sector existentes na zona”. Tamén, este programa preservará os 269 elementos catalogados cos que conta o concello de Sober.
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
O Concello de Chantada levou a cabo importantes melloras nas infraestruturas do Polígono Industrial dos Acivros,
O evento propón unha reflexión sobre as novas tendencias na artesanía e o seu impacto no
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da súa área de Rural, intensificará o seu