Aberto ata o 22 de agosto o prazo de inscripción para as axudas da Deputación destinadas a obras de mellora no rural

Contan cun orzamento de 300.000 euros do Plan Estratéxico de Subvencións do Inludes, e están destinada á melloras en accesos rurais e explotacións gandeiras, acondicionamento de fontes e cercados, puntos de recollida de plásticos ou construción de curros. Poderán solicitalas as agrupacións de gandeiros e cidadáns ou asociacións veciñais, todas sen ánimo de lucro. Os interesados poden descargar o formulario e consultar as bases e a documentación a entregar en www.inludes.org, www.deputacionlugo.org ou na sede do Inludes na Ronda da Muralla, nº140 (Lugo). A Deputación asume o 100% dos custes das obras, que deberán estar rematadas antes do 15 de novembro, se ben estas se poderán xustificar ata o día 30 de dito mes.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Arte, sendeirismo e música no verán de Pantón

Seguinte Nova

O organismo provincial leva aforrados neste ano un total de 2,6 millóns de euros en gastos correntes, e prevé rematar o mandato coa débeda a cero

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: