Eficiencia enerxética en Sober

O concello substitúe equipos lumínicos por outros máis eficientes cunha axuda do Inega

Raquel Arias, delegada territorial da Xunta en Lugo, e Luis Fernández Guitián, alcalde de Sober, durante a visita as obras de susbstitución dos equipos lumínicos exteriores na capitalidade municipal. GPXG.

Sober segue traballando pola mellora medioambiental e por unha xestión sostible dos recursos coa substitución de diversos equipos lumínicos por outros máis eficientes grazas a unha achega do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), dependente da Consellería de Economía e Industria. A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, durante a súa visita aos puntos de alumeado público que se están a sustituír, comentou a “especial relevancia que teñen este tipo de proxectos tanto polas repercusións económicas como medioambientais” nos pequenos concellos.

SUBVENCIÓNS A OITO CONCELLOS DO SUR DE LUGO

Arias lembrou que o departamento autonómico destinou axudas por importe de 269.395 euros, ata o 70% do investimento total, a oito concellos do sur de Lugo: os de Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Pantón, Carballedo, Sober, Bóveda, O Saviñao e Quiroga. Estas axudas están destinadas á renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes aplicando criterios de aforro e eficiencia, así como as instalacións de semáforos.

NOVAS LUMINARIAS DE ALTO RENDEMENTO

Con esta axuda, as obras que se están a executar en Sober consisten na substitución de luminarias existentes por outras de alto rendemento lumínico, equipadas con lámpadas de haloxenuros metálicos con queimador cerámico, de alta eficiencia enerxética. A redución do consumo enerxético nestas dotacións coa renovación dos dispositivos chega ata o 50%. Ademais, instaláronse 4 estabilizadores redutores do fluxo luminoso, de tipo electrónico, con programadores astronómicos integrados, para o control das instalacións.

“COMPROMISO ECONÓMICO E MEDIOAMBIENTAL”

Raquel Arias destacou “o compromiso do Goberno galego para fomentar o aforro e eficiencia enerxética e as enerxías renovables”, con obxectivo de lograr “un maior aforro de enerxía primaria ao tempo que reducimos as emisións de CO2 á atmosfera”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Rematou a 4ª tempada do programa Km0, acumulando xa máis de 35.700 participantes dende a súa posta en marcha en 2008

Seguinte Nova

Un ano de Tren Turístico dando a coñecer a paisaxe de Amandi

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss