Medio Rural gaba o papel das explotacións gandeiras familiares e a súa aposta polas razas autóctonas

A conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, acompañada da delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, visitou en Triacastela dúas granxas de produción de carne con razas autóctonas. CMR.

Na súa visitas a dúas granxas de Triacastela, a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, destacou que “o éxito comercial da nosa produción cárnica explícase polas explotacións familiares e a utilización das razas autóctonas de Galicia”, especialmente a Rubia Galega. Precisamente para seguir fomentando este tipo de producións e apoiar o vacún de calidade, a Consellería traballa en tres liñas. Por un lado, as axudas aos gandeiros para o desenvolvemento das explotacións e a produción de carne de calidade; por outro, o impulso dos programas de conservación e recuperación das razas autóctonas galegas; e en terceiro lugar, a incorporación no sector cárnico das novas tecnoloxías da información, con especial atención á comercialización áxil e directa da produción, como a Lonxa Virtual.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A provincia de Lugo é a segunda con máis prazas dos Campamentos de Verán que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, cun total de 1818 prazas

Seguinte Nova

O CCU de Monforte recupera a tradición da Feira de Mostras

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: