Medir o tempo con imaxinación

Dende os reloxios de auga, area ou lume e os primeiros mecanismos, ata a irrupción do péndulo e a chegada do cuarzo e dos modelos dixitais, a exposición de Joyería Domingo amosa a historia da medida do tempo a través de réplicas de extraordinaria singularidade

Dúas novas pezas realizadas en Joyería Domingo chegan este ano á exposición. Unha delas é a “Fonte do Tempo”, cun sistema tipo clepsidra (reloxio de auga). EC.
A outra novidade da exposición de Joyería Domingo é a “Máquina do Tempo”, onde a gravidade move unha bola para activar un dispositivo eléctrico ata un equipo de leds que rexistrarán a hora exacta. EC.

O tempo, inexorable, pasa sen deterse, pero nós podemos pasar un bo anaco diante da exposición que Joyería Domingo abre todos os veráns na rúa Cardenal e deternos a reflexionar como o enxeño humano foi artellando sistemas para capturar ese “infinito camiñar do tempo”, como reza o título desta mostra. Un paseo pola historia da medición do tempo, unha viaxe entre a máxima exactitude tecnolóxica e a máis exhuberante imaxinación.

Según sinala Domingo Pérez Somoza, propietario de Joyería Domingo, a exposición que todos os veráns organiza en Monforte “é, posiblemente, a única colección comercial de este tipo que existe en España”. As pezas son propiedade da familia, aínda que os interesados poden adquirir unha réplica exacta por encargo. Nalgúns casos, como o reloxio da foto, o fabricante pechou hai tempo, o que convirte a esta peza en única.EC

PEZAS SINGULARES QUE PODEN ADQUIRIRSE

Deseños de diferentes estilos e con materiais moi diversos sorprenden ao visitante, que pode adquirir a meirande parte das pezas por precios que oscilan entre os 1.500 e os 30 euros. “Unha das vantaxes desta colección é que amosa réplicas, é dicir, se a alguén lle interesa adquirir algunha destas pezas, nós lla encargamos aos fabricantes, que son artesáns especializados”, explica Domingo Pérez Somoza, propietario da Joyería Domingo e “alma mater” desta colección, que iniciou hai xa un lustro movido polo amor á arte da reloxería, “pasión herdada da miña familia”, e na que sigue mergullado coa creación de varias pezas cada ano. Nesta ocasión, Domingo Pérez amosa con satisfacción dúas creacións propias, a “Fonte do Tempo”, que transformou unha escultura con salto de auga nunha “clepsidra” (reloxio que funciona co movemento de auga); e a “Máquina do Tempo”, unha especie de “montaña rusa” onde unha bola percorre o circuito ata activar un sensor eléctrico que conecta un conxunto de leds, encargados de rexistrar a hora.

Os deseños máis modernos, baseados en iconos infantís ou en soportes lumínicos, poden tamén atoparse na exposición "O infinito caminar do tempo". EC
A mostra contén réplicas dos máis básicos sistemas de medida do tempo, como os reloxios de sol para peto. EC

UNHA VIAXE NO TEMPO POLA HISTORIA DO RELOXIO

As preto de 140 pezas que amosa a colección de Joyería Domingo sorprende pola singularidade dos formatos, pero tamén pola cantidade de datos que ofrece sobre a evolución dos sistemas de medida do tempo. Domingo Pérez fala con pasión da curiosidade do ser humano, sempre á captura do fluir ininterrumpido do tempo, e tamén da súa capacidade creativa, xa que “a imaxinación humana nunca descansa”. Reloxios de sol para levar no peto, reloxios de lume (velas con diferentes aromas cuxa combustión avisaba dos tramos temporais), e clepsidras foron os inicios desta viaxe. A aparición dos reloxios mecánicos no século XII sen esfera pero con aviso acústico (orientados ao rezo) quedaron superados cando en 1675 se constrúe o primeiro reloxio de péndulo, o cal, a pesares da súa precisión, non podía ser empregado polos navegantes sen perder exactitude. Chega así o primeiro reloxio de volante espiral de Christiann Huygens, que garantiza máxima precisión en calquera circunstancia. Finalmente, os nosos tempos aportaron os reloxios de cuarzo e de pila, e os máis sofisticados deseños e con hologramas. A orixinalidade da colección de Domingo consigue deter o tempo para quen a visita, sen que ningún reloxio deixe de darnos o seu particular tic tac.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

21 ANOS CELEBRANDO A MOSTRA DO MEL DE QUIROGA

Seguinte Nova

Música e sabor tradicional na XVII edición da Feira da Rosca de Sober

Últimas noticias sobre CULTURA

     
A %d blogueros les gusta esto: