O CCU de Monforte recupera a tradición da Feira de Mostras

Do 15 ao 19 de agosto no recinto dos Escolapios

A presidenta do CCU de Monforte, Mª José Senra, sinalou que a Feira de Mostras “dá a coñecer que Monforte ten todo o propio dunha gran cidade, coas vantaxes dunha vila pequena”. Arquivo EC.

Preto de oitenta empresas participarán na vindeira Feira de Mostras de Monforte de Lemos que terá lugar no recinto dos Escolapios do 15 ao 19 de agosto. Neste evento, organizado polo Centro Comercial Urbano de Monforte, estarán presenten sectores tan representativos da comarca como a artesanía, o comercio e o viño, e outros como a automoción, a industria e a decoración. Mª José Senra, presidenta del CCU de Monforte, lembrou que a realización da Feira de Mostras “cumple así un dos puntos fixados no programa de actividades con que nos presentamos a nova directiva na primavera pasada”.

OUTLET, ACTIVIDADES INFANTÍS, SORTEO DE AGASALLOS E XORNADA GASTRONÓMICA CADA DÍA

Os visitantes da Feira de Mostras poderán acceder ao espazo expositivo, aberto de 11 a 14 horas e de 18 a 24 horas, abonando unha entrada de 2€, que inclúe unha invitación a café. O evento ofrece ademais unha feira de oportunidades, sorteo de agasallos e actividades infantís, así como a celebración dunha xornada gastronómica cada día.

MONFORTE, CIDADE DE OCIO E SHOPPING

Senra destacou a importancia deste tipo de eventos, “para que todo o mundo coñeza o que hai hoxe en Monforte, que teñan presente que non fai falla saír de Monforte para mercar ou ter ocio”. A presidenta do CCU suliñou que “iniciativas como estas poñen de manifesto que Monforte ten todo o que pode ter unha gran cidade coas vantaxes engadidas de ser unha cidade pequena”. A repercusión destas datas de agosto, “onde hai máis afluencia de xente á vila de todo o ano”, garantiza para Senra “o éxito desta Feira de Mostras, o cumprimento do seu obxectivo”.

IMPORTANCIA DO “IMPULSO DA INICIATIVA DE COMERCIANTES E EMPRESARIOS LOCAIS”

Pola súa parte, Sindo Alonso, xerente da Organización Feiral Galega, explicou que iniciativas como a Feira de Mostras de Monforte son “bastante positivas nestes momentos de crise, xa que responden ó impulso dos comerciantes e empresarios locais que queren dar a coñecer as súas propostas, e que no caso de Monforte están a dar unha moi boa resposta, dado o número de empresas participantes no evento”. Alonso lembrou que xunto á actividade local en diversos sectores do comercio e da industria, participarán na Feira de Mostras de Monforte un total de 20 artesanos en colaboración con Artesanía de Galicia, así como diversos representantes institucionais e asociativos.

MONFORTE, CIDADE ESTRATÉXICA PARA A DINAMIZACIÓN ECONÓMICA

O xerente da Organización Feiral Galega defende que “as posibilidades de Monforte de Lemos para o desenvolvemento deste tipo de eventos son infinitas”, tendo en conta sobre todo que “é unha das cidades máis importantes da provincia por habitantes e por traxectoria histórica, e o seu ámbito de influencia na comarca de Lemos e territorios circundantes é decisiva”.

“ESCAPARATE PARA OS PRODUTOS DA COMARCA”

Sindo Alonso destacou a importancia de rescatar esta Feira de Mostras “tras preto de 20 anos sen celebrala”, pola súa “importante repercusión” económica e promocional do sur de Lugo, dado que “a Feira de Mostras de Monforte é un excelente escaparate para os produtos desta comarca”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Medio Rural gaba o papel das explotacións gandeiras familiares e a súa aposta polas razas autóctonas

Seguinte Nova

21 ANOS CELEBRANDO A MOSTRA DO MEL DE QUIROGA

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: