O organismo provincial leva aforrados neste ano un total de 2,6 millóns de euros en gastos correntes, e prevé rematar o mandato coa débeda a cero

A Deputación de Lugo é a máis saneada de Galicia, e a 6ª de toda España

Os responsables provinciais presentaron estes datos explicando que na súa xestión “non deixamos de investir en emprego e benestar social”

O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, durante o Pleno no que se aprobou unha nova rebaixa dos gastos correntes. GPDL.

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou a finais do mes de xuño unha nova rebaixa dos gastos correntes, co que a entidade provincial leva aforrados un total de 2,6 millóns de euros no que vai de ano. Neste caso, aprobouse a contratación do material de oficina para as dependencias provincias por valor de 68.000 euros, 22.400 euros menos con respecto ao prego anterior, o que supón un aforro de máis do 30%.

“ENORME ESFORZO NO CONTROL DE CUSTES DE TODAS AS ÁREAS”

Según explicou Manuel Martínez, voceiro socialista no ente provincial, esta decisión súmase a outras medidas similares, como a rebaixa en 2,2 millóns de euros na partida de gastos correntes no Presuposto provincial para 2012, o que supón “un aforro do 12,31% nesta partida con respecto ao ano pasado”, grazas a “un enorme esforzo no control de custes de todas as áreas provinciais”.

AFORRO GRAZAS Á AXENCIA ENERXÉTICA E Á IMPLANTACIÓN DO PROGRAMA INNOVA-TE

Asimesmo, Martínez comentou que o traballo realizado “polos profesionais da nosa Axencia da Enerxía” fixo posible a reforma do contrato para o suministro eléctrico nas dependencias provinciais, cunha redución do 25% na factura eléctrica, o que supón 130.000 euros anuais. Por outra banda, a implantación de novos mecanismos informáticos con fondos europeos do programa Innova-TE fixo posible, según precisou o voceiro socialista, “que se poideran rexistrar as necesidades do servizo de telefonía nos diferentes departamentos da Deputación e, en base a estas, adaptar a prestación do servizo ata acadar unha rebaixa do 48% nos gastos de telefonía”, cun aforro anual de 236.000 euros. Outra das medidas para axustar os gastos correntes aplicouse aos custes dos equipos multifunción (fotocopiadoras e impresoras), para as que se estableceu un contrato de aluguer que evitou a compra destas pezas e os seus gastos de mantemento, incluídos na adxudicación, e que supuxo un aforro de 25.000 euros nesta partida. Pola súa banda, a substitución do papel timbrado que antes se encargaba a unha imprenta por plantillas feitas polo persoal provincial implicou un aforro de 20.000 euros.

MENOS ENDEBEDAMENTO DA ENTIDADE PROVINCIAL

En canto aos custes financieiros, o Pleno do 31 de xullo aprobou unha nova redución do endebedamento da Deputación de Lugo por valor de 3,6 millóns de euros. Según explico a deputada responsable da área de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, esta cantidade súmase á rebaixa de 7,8 millóns de euros contemplada no Orzamento de 2012. Á vista destas cifras, García Porto destacou que “de manter o mesmo nivel de amortización anual dos últimos 5 anos, o Goberno provincial fará que a débeda da Deputación sexa cero ao rematar o mandato”. Trala a amortización acordada en dita sesión plenaria, o endebedamento da Deputación de Lugo sitúase nos 51 millóns de euros, logo que de o Goberno provincial rebaixase o déficit financieiro en 38,7 millóns de euros dende 2007.

A DEPUTACIÓN DE LUGO, A MÁIS SANEADA DE GALICIA, E A 6ª DE ESPAÑA

Na súa intervención, a responsable provincial de Economía, Recadación e Facenda suliñou que, según datos oficiais do Ministerio de Facenda, na actualidade a Deputación de Lugo figura como a máis saneada de Galicia, así como a sexta en España, detrás das Deputacións de Cidade Real, Soria, Segovia, Ávila e Zamora. García Porto destacou que, “en contraposición, e segundo datos do Banco de España, Galicia é a quinta Comunidade con maior volume de débeda xa que, só no primeiro trimestre de 2012, o Goberno galego aumentou a súa débeda nun 19,5%”.

RACIONALIZACIÓN DO GASTO E MÁIS INVESTIMENTO EN EMPREGO E BENESTAR

Con estes datos na man, Pilar García Porto comentou que “na Deputación de Lugo somos previsores, realizamos unha xestión eficiente dos recursos, racionalizamos o gasto e mantemos unha situación saneada, sen recortar nas políticas de emprego e benestar social, como instrumentos fundamentais para fixar poboación”. Neste sentido, a deputada responsable de Economía lembrou que o organismo provincial ven de poñer en marcha a segunda fase do Pacto polo Emprego, que beneficiará sen custe algún a 340 parados na provincia con formación e práticas remuneradas. García Porto suliñou que o Plan Integral Agropecuario Forestal formará gratis a 900 persoas para crear máis dunha ducia de empresas, e lembrou o aumento en 5,3 millóns de euros no orzamento para a cooperación cos Concellos e benestar social.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Aberto ata o 22 de agosto o prazo de inscripción para as axudas da Deputación destinadas a obras de mellora no rural

Seguinte Nova

Os máis cativos, protagonistas en Bóveda

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss