O pasado 2 de agosto, o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE da provincia de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado do Secretario de Organización, Juan Carlos González Santín, e do Secretario Comarcal, Roberto Castro, presentou aos novos Secretarios Xerais da zona de Lemos, que representarán durante os próximos catro anos ós socialistas desta Comarca.
CATRO PIARES DE TRABALLO
Segundo explicaron na súa comparecencia os resposables socialistas, traballarán “para dar resposta ós catro pilares da nova etapa que iniciou o Partido o 26 de maio cando Gómez Besteiro foi elexido por aclamación novo líder dos socialistas da provincia”. Estes puntos céntranse en que “o PSdeG volva a ser a referencia política no noso país, loitar contra o que non é xusto, fortalecer o partido e acadar de novo un proxecto maioritario de goberno que sume ós progresistas en torno a un proxecto de centro-esquerda galeguista”. Os novos Secretarios acadaron o apoio maioritario dos membros do Partido nas asembleas que o PSdeG-PSOE celebrou nos respectivos Concellos dende a constitución da actual Executiva Provincial; así, Mª Carmen Macía Rodríguez será a Secretaria Xeral do partido en Bóveda, en Folgoso do Courel será Francisco Castro Fernández; Monforte terá á fronte dos socialistas a José Tomé Roca; en Pantón traballará Manuel Dacosta Ribera, e na Pobra do Brollón Montse Macía Quiroga. Pola súa parte, en Quiroga estaráJosé Luis Del Pont Losada, segue en Ribas de Sil Miguel Ángel Sotuela Vega, e no Saviñao traballará Celestino Rodríguez Pombo.
PERFÍS RENOVADOS
Estes Secretarios Xerais cumplen os obxectivos de asentar o partido en agrupacións máis abertas á sociedade e nas que a renovación é clave, potenciando unha Executiva con carácter técnico e político xa que ocupan cargos institucionais e son militantes de base; e cun perfil máis profesional, dado que a meirande parte son diplomados ou licenciados universitarios, e empresarios desta comarca.