Os máis cativos, protagonistas en Bóveda

O Punto de Atención á Infancia celebrou a festa de fin de curso, e xa prepara as actividades para setembro

A simpatía e espontaneidade dos máis cativos fixo aínda máis divertida a festa de fin de curso no PAI de Bóveda. Pola súa banda, os participantes no campamento de verán disfrutaron na festa de auga e inchables que puxo fin á actividade. CB.

O pasado 31 de xullo, os nenos e nenas que asistiron durante este curso ao Punto de Atención á Infancia (PAI) de Bóveda disfrutaron da festa de fin de curso. Os máis maiores recibiron os seus diplomas, como despedida antes de integrarse, o vindeiro mes de setembro, no “colexio de maiores”.

AMPLA PROGRAMACIÓN FORMATIVO-ASISTENCIAL AO LONGO DO ANO

No PAI de Bóveda, que atende a nenos e nenas de 3 meses a 3 anos, lévanse a cabo durante o ano actividades baseadas nas experiencias e o xogo, atendendo o desenvolvemento do movemento, o contro corporal, o principio da comunicación e da linguaxe, o descubrimento do entorno inmediato e as pautas básicas das relacións sociais. Xogos de auga e area, a pintura, e a masiña, son algunhas das actividades integradas neste programa formativo-asistencial, que cubre o primeiro ciclo de educación infantil. Especial relevancia ten o momento do pequeno almorzo, que serve para que os nenos e nenas se acostumen a probar novos alimentos, sobre todo a froita, potenciando sempre unha boa alimentación.

HORARIOS E INSCRIPCIÓN PARA O VINDEIRO CURSO

O 3 de setembro comezará o novo curso, en horario de luns a venres de 8,30 a 16,30 horas, ata o 31 de xullo de 2013. Para obter máis información sobre inscripcións e programación, poden contactar no teléfono 982 426006, ou na dirección de correo electrónico pai@boveda.gob.es.

ÉXITO DO CAMPAMENTO DE VERÁN

Pola súa banda, 38 rapaces e rapazas de 4 a 12 anos disfrutaron do Campamento de Verán que o Concello de Bóveda organizou durante o mes de xullo, e que rematou cunha festa de auga e inchables. Durante as dúas quincenas, os participantes realizaron diversas actividades, como saídas á natureza, obradoiros de cociña, pintura, feltro, material de refugallo, barro e collage. Tamén practicaron diversos deportes e desenvolveron todo tipo de xogos cooperativos, populares e con música.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O organismo provincial leva aforrados neste ano un total de 2,6 millóns de euros en gastos correntes, e prevé rematar o mandato coa débeda a cero

Seguinte Nova

Rematou a 4ª tempada do programa Km0, acumulando xa máis de 35.700 participantes dende a súa posta en marcha en 2008

Últimas noticias sobre CULTURA

Concerto de vilonchelo

O violoncelista Carlos Vidal, galardoado en varios concursos internacionais, ofrecerá un concerto de violonchelo en Sober

A %d blogueros les gusta esto: