A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, recibiu ao último grupo da edición 2011-2012 de Km0, 48 persoas anotadas de xeito individual, que fixeron a ruta Mosteiro-Pantón. Trala recepción, no Salón de Plenos do Pazo de San Marcos, visitaron o Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación, situado na Travesía da Rúa Chantada, para máis tarde dar un paseo polo Río Rato. Logo achegáronse á Reitoral de Santiago de Castillón para comer, e xa pola tarde visitaron San Miguel de Eiré, O Mosteiro de Ferreira de Pantón e a Bodega de Casa Moreiras. Este programa medioambiental retomará a súa actividade en setembro.