San Fiz de Cangas acollerá o V Torneo de Birlos

O domingo 12 de agosto, a partir das 16 horas, terá lugar esta tradicional proba, no Campo dos Birlos Suso Prado, na parroquia de San Fiz de Cangas de Pantón. Esta actividade, organizada pola Asociación Cultural O Castro e coa colaboración da Asociación de Veciños Santo Cristo de San Fiz de Cangas, ten como obxectivo rescatar e poñer en valor os xogos populares das nosas terras.

XANTAR POPULAR DO FESTIVAL DO CASTRO, O DÍA 18

Ata o 10 de agosto está aberto o prazo para inscribirse nesta actividade, a través do teléfono 676 545 776, cun custe de 20 euros que dá dereito a participar no Xantar Popular do Festival do Castro do día 18 de agosto, acto no cal se fará a entrega de premios. O V Torneo de Birlos está integrado por varias categorías de competición: maiores de 65 anos, mulleres, menores de 18 anos e menores de 40 anos. Dende a Asociación O Castro fan un chamamento á participación, xa que “é un xogo válido para ambos xéneros, o único preciso é non ter medo ó ridículo e ter moita maña”. Asimismo, gaban o traballo da Asociación Veciñal Santo Cristo “en prol dos xogos populares e da súa difusión como método para practicar actividade física deportiva, e contribuír á convivencia e interactuación social no medio rural”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Goberno provincial levará ao Pleno unha proposta en contra dos novos axustes do Executivo central

Seguinte Nova

Arte, sendeirismo e música no verán de Pantón

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss