Un ano de Tren Turístico dando a coñecer a paisaxe de Amandi

Máis de 3.000 persoas realizaron o tour de Doade

400 persoas disfrutaron deste tour só na última fin de semana de xullo

O Tren Turístico percorre os lugares máis fermosos da zona vitivinícola de Amandi. EC.

Viticultura heroica, canóns do Sil e mundo romano son os tres eixos sobre os que se desenvolve o Tren Turístico, que dende hai un ano percorre as terras de Amandi amosando aos visitantes a impresionante paisaxe desta zona da Ribeira Sacra.

IMPORTANTE DINAMIZADOR TURÍSTICO PARA A COMARCA DE LEMOS

Unha iniciativa que supuxo unha dinamización considerable da oferta complementaria de ocio e turismo na comarca de Lemos, xa que, según explican os seus promotores, máis de 3.000 persoas disfrutaron deste tour que parte do restaurante A Cantina de Doade e que, en dúas rutas diarias de dúas horas de duración, percorre as ladeiras do Canón do Sil, con tramos de ata o 65% de pendente. Como exemplo da boa acollida desta iniciativa, os seus responsables explicaron que dende abril rexistrouse un incremento considerable no número de reservas para grupos organizados, tanto dende Galicia como dende Madrid, chegando aos 400 visitantes na última fin de semana de xullo.

PACK TURÍSTICO CON MIRADOIRO, COMIDA, VIAXE, VISITA A ADEGA E PERNOCTACIÓN

Como resposta a esta boa acollida, os promotores do Tren Turístico de Doade teñen deseñado un pack que inclúe comida en A Cantina, realización da viaxe no Tren Turístico e visita guiada á Via Appia (tramo da antiga vía romana conservado na zona) e á adega Regina Viarum, con posibilidade de pernoctar en Casa do Estevo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Eficiencia enerxética en Sober

Seguinte Nova

A Deputación de Lugo interpón un contencioso contra a Xunta de Galicia por suprimir as Axudas no Fogar a 3.000 lucenses

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: