A fin de semana do 11 e 12 de agosto Sober celebrará a XVII edición da Feira da Rosca, unha das citas gastronómicas máis singulares do sur de Lugo. Os doces característicos desta zona protagonizan dous días de festa, coa degustación de rosca con licor café o sábado a partir das once da noite, co acompañamento do grupo de música tradicional Ultreia.
Xa na mañá do domingo, se celebrará a apertura das casetas de exposición e venda antes das 11 horas, onde amosarán os seus produtos catro rosquilleiros tradicionais, dúas panaderías, dous alfareiros, tres produtores de mel, tres produtores de queixo de San Simón, Allariz e Castro Caldelas, e artesáns locais con traballos en esmalte, area e outros materiais. Ás once comezará a actuación do grupo de música e danza tradicionais Ultreia, para continuar cunha degustación gratuíta de 1.000 racións de rosca de Sober con queixo a partir das doce e media.