Todo listo para un agosto de festa en Chantada

As Festas de Chantada están marcadas este ano polos cambios na localización dalgúns dos eventos máis significativos, así como polos recurtes no orzamento para a organización. Según adiantou Diego Otero Veiga, presidente da Comisión de Festas, “buscamos defender a idiosincrasia das Festas de Chantada, apostando por manter as actividades como Carrilanas ou o Festival de Bandas, elementos singulares fronte a outras festas da contorna, e repercutir a baixada do presuposto en orquestras e actuacións musicais”. Otero comentou ademais que o Folión de Carros, actividade na que contribúen economicamente, “modificará tamén o seu percorrido polo tema da saída das carrozas, que todos os anos dá problemas e neste se tentará resolver un pouco”. Por outra banda, decidiron emplazar as barracas na explanada diante da Residencia, “para evitar todas as molestias que supoñía a recolocación do mobiliario urbano na rúa principal”, e para a Festa da Empanada están buscando unha alternativa á carballeira de Sobreira, “que é privada, polo que trataremos de ubicala nunha parcela de titularidade pública”.

PROGRAMA DE ACTOS

No que ao programa se refire, na tarde do día 23, o Campo da Feira Vello acollerá as tradicionais Olimpiadas Rurais por grupos. O venres 24 de agosto pola tarde, as Carrilanas realizarán a súa singular baixada polas rúas do centro da vila, e antes haberá motoplásticas e outras actividades para os máis pequenos. A xornada rematará cunha actuación musical. Pola súa parte, o sábado 25 acollerá a partir das once da noite a celebración do Folión de Carros, coa actuación dunha orquestra na Plazuela. O día grande abrirase con pasarrúas pola mañá, procesión e concerto dunha Banda Tradicional, que será un pequeno adianto da celebración, na tarde do domingo, do Festival de Bandas na Praza do Cantón. A verbena da noite estará amenizada por dúas orquestras. O luns 27 acollerá a novidade destas Festas, cunha sesión de xogos populares ao longo da tarde no parque Elisa Rivadulla. Á noite, cita cos fogos artificiais e unha verbena a cargo de dúas orquestras. Por último, o martes celebrarase a Festa da Empanada, que posiblemente contará cunha actuación musical, e xa á noite, dúas orquestras pecharán as festas de Chantada.

BOS PREZOS NA SEMANA FANTÁSTICA

Pola súa parte, os comerciantes siguen con iniciativas dinamizadoras da vida local, aproveitando o impulso do verán e do ambiente festivo. Así, dende o Centro Comercial Aberto de Chantada están ultimando a Semana Fantástica, na que do 20 de agosto ao 3 de setembro, os comercios adheridos ofrecerán os seus produtos, maioritariamente calzado e téxtil, cunha “rebaixa sobre a rebaixa”, según explica José Manuel Lage, presidente do CCA. “Este ano hai máis locales adheridos, é unha iniciativa que os comerciantes piden porque lles funciona, sobre todo en tempos como estes e para mover a roupa de tempada”, explica Lage. “Por iso adaptamos as datas de celebración ás demandas dos comerciantes, para que resulte todo un éxito”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte enche de música as Patronais

Seguinte Nova

Arrancan en Monforte os cursos da segunda fase do Pacto Provincial polo Emprego

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: