Con esta partida orzamentaria, a Xunta de Galicia pon en marcha dúas liñas de axudas á contratación que beneficiarán, según os responsables da iniciativa, a preto de 410 traballadores e traballadoras desempregados e con discapacidade, “na aposta do Goberno galego por acadar un mercado laboral accesible, inclusivo e de calidade”. Por unha banda, establécense axudas do programa de fomento da contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria que establece incentivos para a creación de emprego. A segunda liña de axudas é o programa de emprego con apoio, como medida de fomento de emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo. Ambas liñas de axudas están publicadas no DOG do 27 de agosto, e o prazo para solicitalas remata o 27 de setembro.
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
• Agromuralla e UCGAL monitorizarán os prezos do leite desde as granxas ate os puntos de
•O programa a nivel de edificio prevé subvencións de ata 30.800 € para mellorar a eficiencia
• A través do programa, virtual e gratuíto , ofreceranse aos interesados retos diarios de 15
• Lorenzo López, empresario dunha cadea hoteleira en Canarias, con raíces en Pantón, está rehabilitando o
• Nun espectacular concerto en catamarán, no que se estreou “ Meu Camiño”, fusionando a música