
Lugo acolle a exposición “Aqueles Primeiros Anos (1981-1989)”, organizada polo Parlamento de Galicia coa conmemoración do 30 aniversario da institución, para poñer en valor as orixes da Cámara autonómica. A exposición foi inaugurada pola presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, e polo presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, na sala de exposicións do Pazo de San Marcos. Pilar Rojo explicou que esta mostra de carácter histórico-cultural “quere ser un acto de homenaxe en recordo das deputadas e dos deputados das dúas primerias lexislaturas do Parlamento de Galicia”.



