A asociación músico-cultural Gramola, solidaria cos máis desfavorecidos

Enrique López López, presidente da Asociación músico-cultural Gramola, entregou a Cáritas e aos Servizos Sociais municipais a recadación obtida na celebración do último festival benéfico organizado por dita asociación, no que se reuniron 1.705 euros procedentes da venda dun total de 341 entradas a 5 euros.

Nun acto celebrado no Concello de Monforte o pasado 23 de agosto, o presidente da asociación Gramola estivo acompañado pola directora de Cáritas Interparroquial, Marina Pérez, e a concelleira de Benestar Social, Pilar López. O presidente de Gramola agradeceu o apoio de todas as persoas que colaboraron na organización do festival, a participación altruista dos artistas e a receptividade do público monfortino. Lamentou a situación “difícil” pola que están a pasar moitas familias, polo que se prestou a organizar outro festival destas características. Dende Cáritas e o Concello de Monforte agradeceron esta iniciativa. Pola súa parte, a concelleira de Benestar Social anunciou que o Concello informará á cidadanía do uso ao que se destine esta donación, unha vez se decida a que apartado se vai adicar.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte desenvolverá actividades contra o tabaquismo

Seguinte Nova

O románico de Pesqueiras reactiva a dinamización cultural da comarca de Chantada

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: