Este evento, celebrado a primeira fin de semana de setembro, congregou a numeroso público nos postos de artesanía coincidindo coa degustación de carne de porco celta organizada pola cooperativa de criadores. Esta Feira contou coa financiación da Deputación de Lugo a través do Plan Estratéxico de Subvencións do INLUDES, que destina este ano un total de 100.000 euros para apoiar 25 certames encamiñados a xerar riqueza na provincia ao poñer en valor, difundir e mellorar a comercialización dos nosos produtos como unha vía para revitalizala zona rural e frear o despoboamento. Por outra banda, a entidade provincial achegou a O Incio unha mostra de 11 traxes rexionais confeccionados polos artesáns do Obradoiro do Traxe Rexional do Centro de Artesanía e Deseño.
Últimas noticias sobre CULTURA
Por Mar López Sotelo Directora del Área de Historia y AntropologíaInstituto Europeo Campus Stellae •Me resulta
O brindo é un xénero de improvisación oral cantada, propio de terras da Pobra do Brollón
O Concello de Monforte, a través da súa Concellería de Cultura, presentou a programación de teatro
• Maite Ferreiro destacou o contacto directo e continuo con concellos e asociacións para desenvolver unha
O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa – PACC vén de facer pública a lista dos que