A Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte desenvolverá actividades contra o tabaquismo

A Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) de Monforte está a desenvolver dende finais de agosto unha serie de actividades informativas para favorecer o cambio de hábitos que, en ocasións, supón a volta á vida cotiá tralo descanso vacacional. Deste xeito, na mañá do pasado 28 de agosto a rúa do Cardeal acolleu unha mesa informativa onde o Equipo de Prevención da UAD informou a pé de rúa sobre os riscos do tabaco e outras sustancias como alcol e drogas ilegais, así como doutras adiccións como as ludopatías, e sobre o xeito de superar estas dependencias.

Para os vindeiros días, os responsables da UAD anunciaron que levarán a cabo unha campaña informativa na que se pedirá colaboración aos hostaleiros de Monforte para que todos os fumadores que desexen deixar este hábito teñan información a través dos camareiros. Asimesmo, o 13 de setembro desenvolverase un obradoiro sobre tabaquismo realizado pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns, dependente do SERGAS. Este obradoiro impartirase no Hospital de Monforte e estará aberto ao público en xeral de forma gratuíta, previa inscrición. Para máis información, os interesados poden dirixirse á UAD na rúa Otero Pedrayo s/n, ou contactar no teléfono 982 400495 e no e-mail uadmonforte@yahoo.es.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Xullo aumenta nun 6,74% as afiliacións á Seguridade Social en actividades vinculadas ao turismo

Seguinte Nova

A asociación músico-cultural Gramola, solidaria cos máis desfavorecidos

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss