A Xunta destinou dende 2009 preto de 900.000 euros para o fomento da agricultura ecolóxica

Durante a súa visita á sede do CRAEGA en Monforte, a titular de Medio Rural suliñou que o valor da produción certificada na nosa Comunidade medrou máis do tres mil por cento na última década

A conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintanta, acompañada do director xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto, e do presidente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), José Antonio Fernández, durante a súa visita a Monforte en maio deste ano. Arquivo EC.

O compromiso da Xunta de Galicia coas producións galegas de calidade diferenciada amosouse nas cifras que nestes días presentou a conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, na súa visita a Monforte. A titular autonómica visitou a sede do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), con sede na cidade do Cabe, e lembrou que dende 2009 a Xunta destinou preto de 900.000 euros ao fomento da agricultura ecolóxica.

“COMPROMISO” COA CALIDADE DIFERENCIADA

Rosa Quintana explicou que o apoio da Xunta a este sector enmárcase no compromiso xeral do Executivo galego a prol das producións galegas de calidade diferenciada, e na colaboración que se mantén, neste sentido, cos diferentes consellos reguladores, entre eles o CRAEGA. Quintana apuntou que só en 2012 as achegas da Xunta a este eido produtivo superan os 300.000 euros, que se destinaron a diferentes medidas de fomento, promoción, mellora e control.

TRANSVERSALIDADE DA AGRICULTURA ECOLÓXICA

Asimesmo, a titular de Medio Rural destacou que a agricultura ecolóxica ten a bondade de ser “transversal”, xa que pode amparar producións agrícolas, gandeiras e mesmo mariñeiras. Engadiu ademais que o seu valor ven dado non só polo que representa en termos económicos, senón tamén “polo seu efecto demostración”, no sentido de que sinala o camiño a seguir para moitas producións. Segundo apuntaron os responsables do CRAEGA, o valor da produción certificada medrou por riba do tres mil por cento na última década, pasando de medio millón de euros en 2001 a 21,8 millóns en 2011.

EVOLUCIÓN POSITIVA

A superficie inscrita no CRAEGA medrou dende as 2.000 hectáreas do 2001 ás 15.000 actuais. Asimesmo, o número de operadores (produtores e elaboradores) pasou de 217 en 2001 a 586 no 2011, o que representa un incremento do 170%. Só en 2011 o número de operadores medrou nun 2,27%, a superficie inscrita creceu nun 8% e o volume de ventas aumentou un 27,7%.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Presentados os achados de arte rupestre da Cova Eirós, en Triacastela

Seguinte Nova

Solicitan a reposición dun surtidor de auga na zona deportiva da Lama, en O Saviñao

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss