Arrinca en Sober a 5ª tempada do programa provincial Km0

Esta edición inclúe unha nova ruta pola Ribeira Sacra, que combina itinerarios en tren turístico e catamarán polos viñedos e adegas, e percorridos en bus polas igrexas románicas

O colectivo de Mulleres Rurais San Salvador de Negueira de Muñiz inauguraron a nova tempada do programa Km0 en Sober co desenvolvemento da nova ruta combinada de catamarán, bus e tren turístico. O grupo posou no embarcadoiro soberino acompañados do presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro. GPDL

O programa provincial Km0 retoma a súa actividade co comezo do curso, e inicia a súa quinta tempada coa estrea dunha nova ruta polas terras da Ribeira Sacra. Esta iniciativa promovida pola Deputación de Lugo busca facer do medio ambiente “unha oportunidade económica”, según recoñecen os seus organizadores, e neste sentido en cada tempada deseñan novos roteiros para facer aínda máis atractiva a provincia de Lugo.

TREN, BUS E CATAMARÁN POLA RIBEIRA SACRA

A comezos de setembro tivo lugar o primeiro percorrido sobre a nova ruta da Ribeira Sacra, que combina itinerarios en tren turístico e catamarán polos viñedos e adegas das ribeiras do Sil entre Doade e Chanteiro, con visitas en autobús ás igrexas románicas como a de Lobios, Pinol e Proendos, en Sober. Os organizadores desta ruta destacaron que o atractivo deste trazado vese enriquecido agora polas tarefas de vendima, o que posibilitará que os participantes vexan in situ os labores da chamada “viticultura heroica”. Así, os 48 integrantes do grupo da asociación Mulleres Rurais San Salvador de Negueira de Muñiz disfrutou dunha xornada de lecer entre a natureza, a paisaxe e a arte, e asistiron ademais á entrega dun agasallo á presidenta deste colectivo, María Elena González Freijoo, como participante número 40.000 do programa Km0.

Gómez Besteiro fai entrega dun agasallo a María Elena González Freijoo, por ser a participante número 40.000 do programa Km0. GPDL

REPERCUSIÓN ECONÓMICA DO KM0 NA RIBEIRA SACRA

José Ramón Gómez Besteiro, presidente da Deputación de Lugo, foi o encargado de facer entrega deste agasallo no embarcadoiro de Doade, en Sober. O mandatario provincial destacou que o programa Km0 “estase a confirmar como todo un revulsivo para o tecido empresarial e o emprego de Lugo”, según os datos do último balance desta actividade, que fala dun volume de negocio de 1,5 millóns de euros dende 2008, ano de posta en marcha do Km0, programa financiado nun 70% pola Unión Europea, e que contribuiu a manter preto de 1.400 empregos directos en 250 empresas (todas PEMES e autónomos), en sectores estratéxicos como a hostelería, comercio, turismo e artesanía. En concreto, Gómez Besteiro lembrou que na Ribeira Sacra o programa Km0 xerou uns 500.000 euros de volume de negocio, e contribuíu a manter uns 300 empregos directos. Un total de 7.200 persoas están xa na lista de espera para participar nesta 5ª tempada do Km0.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A IV Feira de Artesanía e Etnografía de O Incio homenaxeou á canteiría tradicional

Seguinte Nova

Priorización dos servizos públicos e da promoción económica nos orzamentos de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
A %d blogueros les gusta esto: