Retómanse as modalidades deportivas deseñadas para rapaces e rapazas, e tamén para adultos
A concellería de Deportes de Monforte de Lemos deu a coñecer as modalidades que integrarán o vindeiro curso das Escolas Deportivas Municipais, e nas que os interesados poderán inscribirse a partir do 18 de setembro.
ESCOLAS PARA RAPACES E PARA ADULTOS
No vindeiro curso 2012-2013, os rapaces e rapazas poderán participar nas escolas de fútbol, pádel, golf, ximnasia rítmica, kung fu, bádminton, e na escola de porteiros de fútbol. Pola súa banda, os adultos poderán apuntarse ás escolas de tai chi, ioga e ximnasia de mantemento.
ACTIVIDADES DE OUTUBRO A MAIO
As actividades das Escolas Deportivas Municipais desenvolveranse durante 8 meses, dende outubro de 2012 a maio de 2013, cun custe por alumno e escola de 92,70 euros por curso.
INFORMACIÓN E INSCRIPCIÓNS
Os interesados poderán recibir máis información e formalizar a súa inscripción a partir do 18 de setembro nas dependencias da Oficina Municipal de Deportes, situada nas Casiñas da Compañía, ou chamando ao teléfono 982 87 54 30, e tamén na páxina web do Concello www.monfortedelemos.es.