As Escolas Deportivas Municipais de Monforte abren o prazo de inscripción o día 18 de setembro

Retómanse as modalidades deportivas deseñadas para rapaces e rapazas, e tamén para adultos

A concellería de Deportes de Monforte de Lemos deu a coñecer as modalidades que integrarán o vindeiro curso das Escolas Deportivas Municipais, e nas que os interesados poderán inscribirse a partir do 18 de setembro.

ESCOLAS PARA RAPACES E PARA ADULTOS

No vindeiro curso 2012-2013, os rapaces e rapazas poderán participar nas escolas de fútbol, pádel, golf, ximnasia rítmica, kung fu, bádminton, e na escola de porteiros de fútbol. Pola súa banda, os adultos poderán apuntarse ás escolas de tai chi, ioga e ximnasia de mantemento.

ACTIVIDADES DE OUTUBRO A MAIO

As actividades das Escolas Deportivas Municipais desenvolveranse durante 8 meses, dende outubro de 2012 a maio de 2013, cun custe por alumno e escola de 92,70 euros por curso.

INFORMACIÓN E INSCRIPCIÓNS

Os interesados poderán recibir máis información e formalizar a súa inscripción a partir do 18 de setembro nas dependencias da Oficina Municipal de Deportes, situada nas Casiñas da Compañía, ou chamando ao teléfono 982 87 54 30, e tamén na páxina web do Concello www.monfortedelemos.es.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Solicitan a reposición dun surtidor de auga na zona deportiva da Lama, en O Saviñao

Seguinte Nova

Xullo aumenta nun 6,74% as afiliacións á Seguridade Social en actividades vinculadas ao turismo

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: