Os socialistas de Lugo denuncian que “o PP é o partido máis caro da provincia”
As medidas de recorte e o discurso de austeridade dende os Gobernos central e autonómico están a poñer de actualidade as retribucións dos cargos políticos. Neste sentido, o PSdeG-PSOE de Lugo denunciou recentemente a “doble moral” do Partido Popular, derivada, según os socialistas, “de prodigarse como os grandes valedores da austeridade e do aforro cando teñen á fronte das súas filas na provincia a José Manuel Barreiro, senador, e José Manuel Balseiro, diputado autonómico, os dous políticos máis caros de Galicia”. Os socialistas lucenses, citando datos publicados nas webs do Senado e do Parlamento galego sobre a retribución dos altos cargos, indicaron que “cada un deles cobra ó ano case 120.000 euros, 14 veces máis que un traballador que cobra o salario mínimo interprofesional e que ronda os 9.000 euros anuais”.
“CANDO NON HAI XESTIÓN NEN RESULTADOS, OS POLÍTICOS SAEN MOI CAROS AOS CIDADÁNS”
Según esto, o PSOE de Lugo cualificou de “desfachatez” e dixo que “é incluso ofensivo que o PP critique as remuneracións doutros políticos”, e explicaron que “quen exerza unha labor política responsable e eficaz ten o dereito de recibir unha remuneración, pero cando non hai xestión nin resultados, os políticos saen moi caros aos cidadáns”. Os socialistas suliñaron que Barreiro e Balseiro “ó igual que os seus valedores Rajoy e Feijóo, só acumulan fracasos e maltratos para Galicia”, entre os que enumeraron “o feito de duplicar o paro e a débeda en tres anos”, o dano económico para Galicia “pola chapuza do concurso eólico”, “o repago farmacéutico”, e o que consideran unha volta “á época de Franco” coa reagrupación escolar.
“O PP CARECE DE COHERENCIA”
Diante das críticas do Partido Popular contra as remuneracións na Deputación de Lugo, os socialistas lucenses afirmaron que “o PP carece de coherencia”, xa que “todos os membros do Partido Popular na institución provincial votaron a favor das retribucións”, aprobadas por unanimidade no Pleno de xuño de 2011 e publicadas na web oficial. Os socialistas destacan que en dita sesión plenaria, “o PP foi o único grupo político que se opuxo a rebaixar o orzamento para o seu partido político”, que, según explican dende o Psoe de Lugo, “aumentárono en 1.500 euros ó ano, e se opuxeron a reducir o número de asesores”, mentres que o Goberno provincial “reduciu nun 30% os seus soldos e nun 20% o número de asesores no caso da Presidencia”.
“OS POPULARES RECIBEN SOLDOS SIMILARES AOS QUE CRITICAN”
Destacan os socialistas lucenses a “incongruencia” do Partido Popular ao criticar soldos “que este mesmo grupo político sigue recibindo”, e ilustran esta argumentación co feito de que o soldo de 50.268 euros ó ano de Elena Candia, voceira do PP na Deputación, é igual ao dun Deputado responsable de área, “cando o seu traballo é infinitamente menor”.
Por último, dende o PSOE de Lugo critican “a doble moral do PP”, porque “é a única Xunta Directiva dun partido na provincia de Lugo que cobra na súa totalidade ou cobrou soldos públicos a cargo das Administracións”, e consideran que “o PP é o partido político máis caro de Lugo ó custarlle ós lucenses 1.134.000 euros ó ano”. Neste sentido, os socialistas destacaron que na Executiva Provincial do PSdeG-PSOE “conviven persoas que traballan en todos os ámbitos e teñen formación ou experiencia, non unicamente cargos con soldos públicos”, e no caso das persoas que desempeñan o seu traballo nalgunha Administración, precisaron que “xa o facían antes de entrar na Executiva”.