Formación e vangarda a custe cero para todos na Aula CeMIT de Sarria

O papel do Community Manager e as técnicas do streaming en audio e vídeo protagonizan os cursos do mes de setembro no telecentro de Sarria

Imaxe dunha actividade desenvolvida no telecentro de Sarria. Arquivo EC.

A partir do 10 de setembro, a Aula CeMit de Sarria acollerá un curso sobre o papel do Community Manager e outro sobre técnicas de streaming en audio e vídeo, integradas no Programa de Dinamización 2012 da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) de Galicia. Estes cursos, gratuítos e de quince horas de duración cada un, desenvolverase baixo o sistema de videoconferencia da aula CeMIT, o que permitirá participar nas clases en modalidade presencial e telepresencial.

O curso sobre streaming de audio e vídeo terá lugar do 10 ao 13 de setembro, e centrarase nas diferentes tecnoloxías para a xeración de contidos para streaming, así como nas ferramentas necesarias para crear este contido. Por outra banda, a través da actividade sobre o papel do Community Manager, que se desenvolverá do 24 ao 27 de setembro, preténdese que os participantes acaben coñecendo a variedade de ferramentas de traballo que lle son útiles ao Community Manager no seu día a día.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sarria acollerá o vindeiro curso unha unidade da Escola Oficial de Idiomas

Seguinte Nova

Sober abre en Galicia o ciclo de música Espazos Sonoros 2012

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss