Música para reactivar Monforte dende a iniciativa xuvenil

O concerto, gratuíto e no que actuarán dez grupos, celebrarase no Parque dos Condes

Grupos de reggae, rock, ska e techno, entre outros, animarán a partir das cinco da tarde o entorno do Parque dos Condes co Festival do Paradiso. ANP.

Despertar na xente nova un interés polas actividades culturais dende a perspectiva de tomar a iniciativa delas foi o espíritu que animou a un grupo de vinte xóvenes monfortinos a constituir, hai un ano, a asociación Náufragos do Paradiso. Un dos seus retos, según explican os seus integrantes, era a organización dun festival de música destinado á xente nova, aínda que aberto a todo tipo de público. O obxectivo está a piques de ser cumplido, xa que o sábado 15 de setembro a partir das cinco da tarde, un total de dez grupos musicais animarán o entorno do Parque dos Condes no chamado Festival do Paradiso.

OFERTA VARIADA PARA UN PÚBLICO XUVENIL

Reggae, rock, ska e techno serán, entre outras, as propostas musicais que poderán disfrutarse nesta nova cita do calendario lúdico para a mocidade do sur de Lugo, e que conta co atractivo de ser unha iniciativa non institucional. Según explican os integrantes da asociación Náufragos do Paradiso, “entre os socios participantes fixemos un reparto de tarefas a realizar desde o primeiro dia de agosto, e aínda non deixamos de traballar para que o día do Festival resulte todo ben”. Esta forte motivación deu o seu resultado, xa que un total de 80 locais e empresas locais apoiaron este Festival, así como dous patrocinadores máis potentes, “e tamén vinte socios novos que aportaron o seu gran de area”.

DINAMIZACIÓN A TRAVÉS DO TECIDO ASOCIATIVO XUVENIL

A pesares da súa corta idade como asociación, os Náufragos do Paradiso xa levan realizado un Magosto Popular o ano pasado, una marcha cicloturista, una quedada LAN para compartir e xogar en rede entre os asistentes, e tamén participaron activamente na última feira Medieval celebrada na vila do Cabe. A súa intención é continuar por ese camiño, o da dinamización cultural e social de Monforte, xa que “se temos a oportunidade seguiremos realizando actividades culturais”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Priorización dos servizos públicos e da promoción económica nos orzamentos de Monforte

Seguinte Nova

O Concello acondicionará o Parque Zapardiel e o seu entorno arqueolóxico a través dun obradoiro de emprego

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss