O románico de Pesqueiras reactiva a dinamización cultural da comarca de Chantada

A Asociación de Amigos do Románico organizou en agosto unha xornada de actividades na igrexa de Pesqueiras, con música, teatro, poesía e arte

Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, asistiu en representación da Consellería de Cultura á xornada organizada en Pesqueiras pola asociación Amigos do Románico da Comarca de Chantada, que contou coa presencia do alcalde Manuel Varela, e numeroso público. SXPL.

A actividade cultural de Chantada enriqueceuse este verán grazas á iniciativa da Asociación de Amigos do Románico da Comarca de Chantada, que organizaron o pasado 12 de agosto unha xornada de música, poesía, arte e teatro no singular esceario da igrexa de Pesqueiras. Esta actividade, que congregou a numeroso público, contou coa presenza do alcalde de Chantada, Manuel Varela, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, en representación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que colabora con estas iniciativas que dende asociacións veciñais e sen ánimo de lucro pretenden “colaborar dun xeito moi efectivo a mellorar o gran patrimonio arquitectónico de Galicia”.

Ao longo da xornada os presentes asistiron ás actuacións musicais de O Trícole e do grupo A Quenlla, Mini e Mero; así como o recital poético a cargo de Antonio José Queirós, Manolo Regal Ledo e Olga Porral. Ademais, presentouse a obra teatral “Auto do demo e da viñateira”, a cargo de Clara Vázquez e Chico Carballido; tras a que se celebrou unha misa e interveu a artista Ana Sastre, especializada na reprodución de tallas románica en papel maché.

O Secretario Xeral de Política Lingüística valorou na súa intervención “o grande mérito que teñen na sociedade galega este tipo de traballos que complementan as levadas a cabo por institucións públicas e outro tipo de entidades”, e suliñou que as actividades organizadas pola Asociación de Amigos do Románico da Comarca de Chantada “teñen especial importancia, para conseguir o obxectivo de poñer en valor a igrexa de Pesqueiras, coas súas peculiaridades, así como os seus accesos”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A asociación músico-cultural Gramola, solidaria cos máis desfavorecidos

Seguinte Nova

Os viños da Ribeira Sacra, premiados en Euskadi e Aosta

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss