Os veciños de Bóveda, concienciados coa importancia da reciclaxe

Os veciños de Bóveda recibiron unha charla informativa sobre a importancia da reciclaxe, e realizaron unha visita guiada ao complexo medioambiental de Sogama en Cerceda (A Coruña). GPS.

Medio centenar de veciños e veciñas de Bóveda, acompañadas polo alcalde, José Manuel Arias López, e a concelleira delegada, Natividad Rodríguez López, visitaron o pasado 4 de setembro o complexo medioambiental de Sogama en Cerceda, onde foron recibidos polo presidente da entidade, Luis Lamas. A continuación, o grupo realizou un percorrido guiado polas distintas plantas que conforman o complexo medioambiental, onde puideron comprobar o alto volume de desperdicios producidos en Galicia día a día, así como o dispositivo técnico e tecnolóxico utilizado para que estes se traten de xeito responsable, en sintonía coa lexislación vixente na materia, tanto a nivel comunitario como estatal e autonómico, e cos procedementos operativos máis novidosos que garanten, según explicaron os responsables da visita, un tratamento moderno, eficaz, eficiente, solvente e axeitado.

CONSUMO RACIONAL E SEPARACIÓN DO LIXO

O obxectivo da visita é que a cidadanía, ao coñecer in situ os procesos de xestión dos residuos, comprenda todos os factores que interveñen neste labor, así como a importancia dun consumo máis sensato e racional e a separación do lixo por tipoloxías para garantir a súa posterior transformación en artigos de valor.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis de 196.000 euros para a segunda fase de mellora da LU-637 en Triacastela

Seguinte Nova

Monforte estreou o novo espazo expositivo da Praza de Abastos

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: